Esta é unha actualización de mantemento, pero sobre todo de seguridade, moi importante, que xa podes actualizar dende o Escritorio de WordPress ou descargar dende o sitio oficial de WordPress Galego.

http://gl.wordpress.org/

A lista de melloras principais é esta:

  • Editor: evita que certos elementos HTML bórrense ou modifiquen aleatoriamente nalgunhas ocasións.
  • Medios: soluciona unha serie de problemas menores de compatibilidade e funcionamento do novo xestor de medios.
  • Redes: suxire regras de rewrite correctas ó crear unha rede nova.
  • Evita que as entradas programadas perdan HTML, como vídeos incrustados, ó se publicar.
  • Traballouse nalgunhas configuracións erróneas que provocaban que parte do JavaScript da administración de WordPress fallasen.
  • Suprimíronse algúns avisos que se amosaban cando un plugin usaba incorrectamente a base de datos ou as APIs de usuario.

Ademais, soluciona algúns fallos de seguridade:

  • Unha vulnerabilidad a parte do servidor relativa a escaneo remoto de portos usando pingbacks.
  • Dúas vulnerabilidades XSS a través de códigos curtos e contido de entradas.
  • Unha vulnerabilidad XSS da librería externa Plupload que se solucionou grazas á actualización inmediata da mesma.