CMSWordpress

Chegou WordPress 5.2.2 en galego

Xa está dispoñible WordPress 5.2.2!
Esta actualización de mantemento corrixe 13 fallos e engade melloras á característica de «Saúde do sitio» lanzada na version 5.2
Podes descargar WordPress 5.2.2 ou visitar o Escritorio → Actualizacións e facer clic en Actualizar agora. Os sitios compatibles coas actualizacións automáticas en segundo plano xa están a empezar a actualizarse automaticamente.

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

Deixa unha resposta