CMSWordpress

Como volver a WordPress 3.8.3 en galego dende Wordpress RC Beta

Ola

Se eres un dos fectados pola actualización erronea de wordpress 3.x, automáticamente a version 3.9 RC Beta tester, …

Coa nova version de WordPress deberiase actualizar novamente a version 3.9. Pero se non queres ou podes agardar a que saia a version 3.9. Aqui estan os pasos para facer un downgrade e logo xa volvera a funcionar e actualizarse correctamente

1. O primeiro que tes que facer é descargar este arquivo:  downgrade

 2. Renomear os directorios do teu wordpress no teu servidor : wp-admin a wp-adminRC, e o  wp-includes a wp-includesRC (non toques o wp-content nin o resto de arquivos) (despois da actualizacion/downgrade podes eliminar eses directorios: wp-adminRC, e wp-includesRC) e fai unha copia de seguridade da tua base de datos

3.  Descomprime o arquivo downgrade e sube os arquivos via ftp o teu wordpress

4. Agora intenta acceder o teu panel de WordPress. Verás esta mensaxe. 

É necesario actualizar a base de datos

WordPress foi actualizado. Antes de que sigas o teu camiño debemos actualizar a túa base de datos á última versión.

O proceso de actualización pode levar un tempo, ten paciencia.

Actualizar a base de datos de WordPress

 

preme en Actualizar a base de datos de WordPress

5. Agora xa deberias ter wordpress en galego 3.8.3

Se tes problemas, avisa.

saudos

 

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

2 Comentarios

Deixa unha resposta