Portal    Foro    Buscar    FAQ    Registrarse    Conectarse
Publicar Nuevo Tema  Responder al Tema Página 1 de 1
 
100 Anos do Himno galego
Autor Mensaje
Responder Citando
Mensaje 100 Anos do Himno galego 
 
Gala: "100 Anos do Himno"Canal:     TVG
Fecha:     Sábado 08-12-2007
Hora:     16:05 - 20:25


Comunidades e asociacións da emigración galega nas Américas vivirán unha xornada única con motivo do centenario da interpretación do himno galego, ao abeiro dunha gran gala musical que a TVG celebrará hoxe á tarde para homenaxear a creación (Eduardo Pondal e Pascual Veiga) e estrea oficial do Himno, que se fixo no teatro Tacón da Habana (despois Centro Galego) un 20 de decembro de 1907. Rostros coñecidos da pantalla da Galega farán de transmisores nesta conmemoración dende as distintas localizacións da gala: así, en Cuba (A Habana) estará Alfonso Hermida, no Gran Teatro "García Lorca"; Manuel Pampín en Salvador de Baía; Ana Rodríguez, en Bos Aires; María Solar en Montevideo e Pemón Bouzas en Barcelona. Mentres que desde o estudio de San Marcos (Santiago de Compostela), Helena Soto e Xesús Peleteiro darán paso ás distintas conexións informativas e artísticas da gala.

fonte
http://www.miguiatv.com/20071208/tv...s-do-himno.html

Aínda que non foi exactamente un 8 de Decembro, senón que foi o día 20, hoxe faise este acto
co cal dende aqui
tamen celebramos estes 100 anos de himno

HIMNO GALEGO

LETRA: Eduardo Pondal. MUSICA: Pascual Veiga
Cita:
Himno Galego

 


¿Qué din os rumorosos

na costa verdecente,

ó raio transparente

do prácido luar?

¿ Qué din as altas copas

de escuro arume arpado

co seu ben compasado

monótono fungar?

- " Do teu verdor cinguido

e de benignos astros

confín dos verdes castros

e valeroso chan

non des a esquecemento

da inxuria o rudo encoro;

esperta do teu sono,

Fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos

a nosa voz entenden,

e con arroubo atenden

o noso rouco son,

mais só os ignorantes,

e féridos e duros,

imbéciles e escuros

non nos entenden, non.

Os tempos son chegados

dos bardos das idades,

que as vosas vaguedades

cumprido fin terán;

pois onde quer xigante

a nosa voz pregoa

a redención da boa

nación de Breogán.

Teus fillos vagorosos

en quen honor só late,

a intrépido combate

disponde o peito van;

Sé, por ti mesma, libre

de indigna servidume

e do oprobioso alcume,

rexión de Breogán.

Á nobre Lusitania

os brazos tende amigos,

os eidos ben antigos

con un punxente afán;

dos teus soantes pinos

dun máxicos destinos

¡Oh grei de Breogán!

Amor da terra verde,

da verde terra nosa,

acende a raza briosa

de Ousinde e de Froxán;

que aló nos seus garridos

xustillos, mal constreitos,

os doces e albos peitos

das fillas de Breogán.

Que á nobre prole ensinen

fortísimos acentos,

non mólidos concentos

que ás virxes só ben 'stan;

mais os robustos ecos

que ¿oh patria! ben recordas

das sonoras cordas

das arpas de Breogán.

Estima non se alcanza

cun vil xemido brando;

calquer requer rogando,

con voz que esquecerán;

mais cun rumor xigante,

sublime e parecido

ó intrépido sonido das armas de Breogán

Galegos, sede fortes;

prontos a grandes feitos;

aparellade os peitos

a glorioso afán;

fillos dos nobres celtas,

fortes e peregrinos

Luitade polos destinos

dos eidos de Breogán "


podes baixa-lo himno en mp3 dalgunha destas paxinas
http://www.galeon.com/web_mania/Himno.htm
http://www.terra.es/personal/fumeiro/himno.htm

saudos




Desconectado Ver perfil del usuario Enviar Mensaje Privado
Descargar Mensaje Volver arriba Página Inferior
Web hosting
Mostrar mensajes anteriores:   
Ocultar¿Este tema fue útil?
Compartir este tema
blinkslist.com blogmarks.net co.mments.com del.icio.us digg.com newsvine.com facebook.com fark.com feedmelinks.com furl.net google.com linkagogo.com ma.gnolia.com meneame.net netscape.com reddit.com shadows.com simpy.com slashdot.org smarking.com spurl.net stumbleupon.com technorati.com favorites.live.com yahoo.com DIGG ITA Fai Informazione KiPapa Ok Notizie Segnalo

Publicar Nuevo Tema  Responder al Tema  Página 1 de 1
 

Usuarios navegando en este Tema: 0 Registrados, 0 Ocultos y 2 Invitados
Usuarios Registrados conectados: Ninguno


 
Lista de Permisos
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
No puede adjuntar archivos
No Puede descargar archivos
Puede enviar eventos al Calendario