O que funciona para particulares, empresas e organizacións, por que non ía funcionar para difundir as mensaxes das institucións públicas? Esta pregunta semella que tamén é o alicerce da nova proposta da Comisión Europea no eido das redes: a posta en marcha de EUtube, unha canle de vídeos en liña inserida no YouTube e que sirve para dar a coñecer os obxectivos, plans e políticas a seguir pola dita entidade pública.
O lema do proxecto é Sharing the sights and sounds of Europe (Compartindo imaxes e sons de Europa), e neste intre é posible acceder a diferentes vídeos sobre os proxectos da Comisión (como por exemplo este no que se explica polo miúdo en que consiste o proxecto Galileo), vídeos que paseniño irán incrementando o seu número, temática e feitura, segundo fixo saber estes días o voceiro da UE, Mikolaj Dowgielewicz.
-
Actualidade
/
dous
Fernando Sarasqueta
Actualidade dous

Para o representante da Comisión, resulta imprescindible que os poderes públicos afiancen a comunicación (deteriorada abonda nos últimos tempos, todo sexa dito) cos cidadáns a través das novas tecnoloxías, que favorecen (di) a accesibilidade e a inmediatez.