A versión 2.2 do Wordpress dispoñible en galego
A empresa Tagen Ata (http://www.google.com/url?sa=t ct=res cd=1 url=http%3A%2F%2Fwww.tagenata.com%2F ei=3gCFRtmAB4KgnQON6Ln2AQ usg=AFQjCNFuLFc018phCAJLoEZqp4vIms1FDg sig2=jAjUeXD8ce31Qykyj5G0JQ) vén de poñer a disposición da comunidade o sistema de xeración de blogues libre Wordpress (http://wiki.mancomun.org/index.php/Wordpress) na súa versión 2.2 en galego. Podedes acceder á tradución (http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/tags/2.2/) no Wiki (http://wiki.mancomun.org/index.php/Wordpress) de Mancomun.org así como ás anteriores versións (http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/tags/). O responsable oficial do Wordpress en Galicia, Amador Loureiro Blanco, subiu o programa aos repositorios oficiais (http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/tags/2.2/). Recordámosvos que podedes editar o wiki incorporando novo Software Libre traducido ao galego e incorporando información e documentación ao portal.
2007-07-02T01:00:00+01:00













































