Foi lanzada outra actualización (9.24) do navegador de internet, Opera.
Opera é un navegador web bastante lixeiro cun instalador de só 5MB e o mellor, é multiplataforma.
Opera ten integrado un lector de correo electrónico, un lector de feeds, un lector de noticias (newsletter), un administrador de descarga de arquivos, un cliente Bittorrent, widgets, administrador de contrasinais, e un longo etc, todo iso sen necesidade de lle agregar funcionalidades inestables e inseguras de terceiros.
Na versión 9.24 fixéronse principalmente 2 correccións de seguridade:
Corrixido un problema onde os lectores de noticias ou clientes de correo electrónico externos podían ser utilizados para executar código arbitrario.
Corrixido un problema onde os scripts podían sobreescribir funcións en páxinas doutros dominios.
Opera é de balde e está dispoñible para MS Windows, Linux e Mac Descárgao de Opera
http://www.opera.com/download/
Vexa Opera Desktop Team
http://my.opera.com/desktopteam/blog/2007/10/17/9-24
Descarga a traduccion o galego da nosa web
http://www.egalego.com/xs/dload.php
http://www.egalego.com/xs/traducion-do-opera-9-df98.html
Instruccions de instalacion do idioma galego
http://www.egalego.com/xs/viewtopic.php?t=8
saudos













































