A chegada do verán e a migración poboacional á
costa supón todo un reto para as operadoras de telefonía móbil, pois teñen que
reestruturar as súas instalacións para permitir que a xente poida contar con
cobertura durante as súas vacacións, que se complica aínda máis coa emerxencia
das conexións de datos, pois cada día hai máis usuarios que, afastados do seu
domicilio, empregan o móbil para conectarse á Internet.
Tendo isto en conta as operadoras aseguran que teñen os seus deberes feitos, e
que o
acceso á Rede dende as costas españolas está garantido, polo que móbiles e
portátiles poderán acceder á Internet dende as propias praias grazas ó reforzo
das infraestruturas nas zonas nas que a hai unha maior demanda de usuarios
durante o período estival.
-
Telefonía
/
dous
Marcus Fernández
Telefonía dous

As operadoras afirman que non só achegarán GPRS e UMTS, senón que en moitos
casos se poderán establecer comunicacións HSDPA, ou sexa, que se establecerán
conexións a velocidades moi semellantes á do ADSL doméstico, o que agradecerán
os usuarios aínda que precisen dos axeitados plans de datos para que estas
conexións se cobren a uns prezos soportables.
O crecemento da demanda deste tipo de servizos vai paralelo ó incremento de
ordenadores portátiles, que se poden conectar á Rede dende case calquera lugar
valéndose de tarxetas PCMCIA, modems USB ou mesmo conectándose ó móbil (a
solución máis económica), de xeito que afastarse da casa durante os meses de bo
tempo non implica perder a conexión con resto do mundo.