As universidades españolas comezan a colgar as súas clases en Internet para consultar libremente
As universidades están comezando a compartir a súa sabiduría cos cidadáns facendo dispoñible o material dos cursos a través de Internet. Trátase dunha oferta gratuíta aínda que non ten valor oficial e non serve para obter un título. Un dos pioneiros, en canto á dimensión desta iniciativa foi o MIT de Massachusetts que actualmente ofrece cerca de dúas mil descargas/vídeos de material das súas clases. A semana pasada, Berkeley, que xa levaba un ano traballando nesta liña, anunciou que ofrece 300 vídeos en YouTube. Inclúense desde estudos sobre a paz e os conflictos, cursos de bioenxeñería, etc...Esta iniciativa é distinta á oferta académica de cursos en liña que requiren da matriculación do alumno e un seguimento académico con calificacións de cara a obter un título. Trátase de ofrecer materiais pedagóxicos que xenera a universidade para a súa consulta libre...
2007-10-11T10:12:55+01:00













































