Portal    Foro    Buscar    FAQ    Registrarse    Conectarse
Publicar Nuevo Tema  Responder al Tema Página 1 de 1
 
Comeza este martes na Coruña o Foro Internacional do Videox
Autor Mensaje
Responder Citando
Mensaje Comeza este martes na Coruña o Foro Internacional do Videox 
 
Comeza este martes na Coruña o Foro Internacional do Videoxogo
 Image
Este martes 3 comeza na Coruña o Foro Internacional do Videoxogo que organiza o Clúster Audiovisual Galego. O encontro, que contará cunha completa representación da industria mundial do lecer para consolas e computadores, desenvolverase ó longo de tres xornadas e terá lugar en dous escenarios: o Edificio ITE de Caixa Galicia (día 3) e a sede da Fundación desta mesma entidade (días 4 e 5). O gran obxectivo da xuntanza é o seguinte: afondar en novos xeitos de tirar rendemento empresarial do sector do videoxogo dende Galiza,un sector que vai multiplicar por dez a súa presenza no mundo antes de que remate esta década. O encontro tamén servirá para botar unha ollada ó que se está a facer no mundo (sobre todo nos mercados asiático e americano) e -asemade- ó que se está a facer na nosa terra dende as compañías que están hoxe (xa) en activo.

-
Eventos

/
un

 Fernando Sarasqueta
 Eventos        un

 Image
Este martes 3 comeza na Coruña o Foro Internacional do Videoxogo que organiza o Clúster Audiovisual Galego. O encontro, que contará cunha completa representación da industria mundial do lecer para consolas e computadores, desenvolverase ó longo de tres xornadas e terá lugar en dous escenarios: o Edificio ITE de Caixa Galicia (día 3) e a sede da Fundación desta mesma entidade (días 4 e 5). O gran obxectivo da xuntanza é o seguinte: afondar en novos xeitos de tirar rendemento empresarial do sector do videoxogo dende Galiza,un sector que vai multiplicar por dez a súa presenza no mundo antes de que remate esta década. O encontro tamén servirá para botar unha ollada ó que se está a facer no mundo (sobre todo nos mercados asiático e americano) e -asemade- ó que se está a facer na nosa terra dende as compañías que están hoxe (xa) en activo.
 Fincapé nos xogos encamiñados a mellorar o mundo
 Asemade, os organizadores do foro, tralo que se atopan -como entidades colaboradoras- o IGAPE, a Consellería de Innovación, a Obra Social de Caixa Galicia e Mundos Dixitais, non queren dar as costas a un dos fenómenos recentes máis salientables da era global dende o punto de vista humano e solidario: o emprego do formato por videoxogo por parte de organizacións de todo o mundo para dar a coñecer os seus obxectivos e plans e traballar a prol dos dereitos humanos, o respecto polo medio ou mesmo a paz.
 Este tipo de propostas, coñecidas como serious games, son creacións "destinadas sobre todo á formación corporativa ou a ámbitos como o terapéutico, a estimulación, a aprendizaxe dos usuarios ou á sensibilización sobre algunha problemática particular", sinala a organización. Así, o foro dedicará parte do programa a presentar algunha destas aplicacións, entre as que se conta Food Force (na imaxe), un xogo humanitario que foi deseñado para concienciar ós máis novos sobre o problema da fame no mundo e a desigualdade no reparto da riqueza. A empresa Deepend-Roma foi a encargada da súa posta en marcha, por encargo da ONU. Será presentado en A Coruña o día 5 por Mike Harrison, delegado de Deepend Roma.
 Programa de actividades para dous escenarios

O Foro Internacional do Videoxogo desenvolverase en A Coruña ao longo de tres xornadas, estruturado en dúas partes e dous escenarios. O día 3, a xornada terá lugar no Edificio ITE, de Caixa Galicia, coa colaboración da Obra Social de Caixa Galicia e o IGAPE. Esta primeira sesión estará centrada na análise dos fundamentos sobre os que se cimenta o espectacular desenvolvemento da industria mundial do videoxogo e en xeral dos contidos dixitais para o que se conta coa participación de dous prestixiosos expertos daquel país, Sony Suzuki, directivo de IBM Global Engineering Services, e Kioshi Shin, delegado en Xapón da Asociación Internacional de Desenvolvedores de Videoxogos, que presentarán os relatorios titulados Libro branco da cadea de abastecemento de contidos dixitais e Visión xeral do crecente mercado xaponés de serious games.
 Os días 4 e 5, o Foro Internacional do Videoxogo traslada o seu escenario á Fundación Caixa Galicia, onde seguirá a súa andaina en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia e a Consellería de Innovación e Industria, dentro da programación de Mundos Dixitais. O día 4 celebrarase un debate sobre a converxencia entre o videoxogo e o cine, no que intervirán directivos dalgunha das institucións e empresas máis representativas no mercado nacional, como o Laboratorio Gamelab, da Universidade de Oviedo; Arvirago Gamecraft; Nikodemo e Revistronic. O 5 está previsto abordar en sucesivos relatorios As tendencias nos serious games e as súas aplicacións máis novidosas e solidarias para o que se contará coa participación do fundador e director de Meristation, unha das publicacións especializadas en videoxogos máis importantes de España.






Desconectado Ver perfil del usuario Enviar Mensaje Privado
Descargar Mensaje Volver arriba Página Inferior
Web hosting
Mostrar mensajes anteriores:   
Ocultar¿Este tema fue útil?
Compartir este tema
blinkslist.com blogmarks.net co.mments.com del.icio.us digg.com newsvine.com facebook.com fark.com feedmelinks.com furl.net google.com linkagogo.com ma.gnolia.com meneame.net netscape.com reddit.com shadows.com simpy.com slashdot.org smarking.com spurl.net stumbleupon.com technorati.com favorites.live.com yahoo.com DIGG ITA Fai Informazione KiPapa Ok Notizie Segnalo

Publicar Nuevo Tema  Responder al Tema  Página 1 de 1
 

Usuarios navegando en este Tema: 0 Registrados, 0 Ocultos y 1 Invitado
Usuarios Registrados conectados: Ninguno


 
Lista de Permisos
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
No puede adjuntar archivos
No Puede descargar archivos
Puede enviar eventos al Calendario