Comeza o curso de procesador de textos OpenOffice Writer en Boiro
O vindeiro luns 9 de xullo dará comezo en Boiro o curso impartido a través da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, que consistirá no manexo do procesador de textos Writer, que pertence á suite ofimática de Software Libre OpenOffice.org. Este curso terá unha duración total de 25 horas, e contará coa asistencia de 14 alumnos que previamente se inscribiron. O horario do curso será de luns a venres, de 19:00 a 21:00 horas, e vaise impartir na Aula da Deputación da Coruña, que está no segundo piso do Centro Social de Boiro...
2007-07-04T09:24:49+01:00













































