Boas tardes, o meu nome é Pablo e ainda que teño dedicado horas o que vou narrar non son capaz de atopar unha solución. Son mestre de baile e creamos un foro para a asociación que montamos en Gondomar a 13km de Vigo. Este foro é de phpbb 2 (Powered by phpBB 2.0.22 © 2001-2004 phpBB Group) e está en www.phpbb88.com/esencialatina a idea era instalar unha serie de Mods que nos permitisen por videos e música no foro e maila que sei como se instalan (cambiando os datos que o mod nos indica), non dou atopado o texto que teño que modificar.
É dicir, eu abro o foro, vou o panel de administración pero non sei que máis teño que facer para que me aparezan as letras e o texto a cambiar según as indicacions do mod. Levo xa un tempo tratando de arreglalo pero inda que visitei unha chea de páxinas nadie me solucionou o problema.
Recentemente creei outro foro en phpBB 3 (http://esencia_latina.atfreeforum.com/) pensando que neste esas modificacións serían máis doadas pero tampoco sei como empezar a insertar os mods e para máis problema ven preestablecido para inglés máis non sei cambiarlle o idioma por que non sei como modificalo.
Non sei se para modificar as cousas teño que aloxarme nalgunha páxina ou como facer pero o caso e que non sei onde se atopan as ordenes internas do foro para cambialas. Sólo sei facer o que os menus me permiten dentro do formato que eles prestan. Agradeceríalle moito a sua axuda. E se hai alguén que me poida aconsellar algo deixo a miña dirección de msn.
Pido perdón polas posibles molestias que poida ocasionar e de antemano dou as gracias pola atención que me adican.

















































