
Hai uns días comentamos
que a Comisión Europea estreara unha canle
en YouTube para achegarse a un maior público, pero o que non se agardaba
era que un dos clips se achegase ós 2 millóns de visualizacións en apenas 20
días, pois baixo o título Film lovers
will love this! (¡os amantes do cine amarán isto!) se amosaba un anuncio no
que se vían distintas escenas de sexo (de películas europeas) nas que as
parellas chegaban ó orgasmo ó unísono, para concluír que debemos "chegar xuntos" para celebrar o cine
europeo.
Esta visión que emprega dos dobres sentidos non parece gustar nalgúns países,
de xeito que hai moitas críticas negativas sobre o vídeo, aínda que trala
expectación creada hai que recoñecer que a campaña publicitaria sustentada en
YouTube está a ser un éxito, e os
seus responsables non dubidan en afirmar están "orgullosos dun cine europeo forte, cheo de emocións intensas, unha
características do noso cine que non se atopa noutras partes do mundo".
-
Actualidade
/
tres
Marcus Fernández
Actualidade tres

Hai uns días comentamos
que a Comisión Europea estreara unha canle
en YouTube para achegarse a un maior público, pero o que non se agardaba
era que un dos clips se achegase ós 2 millóns de visualizacións en apenas 20
días, pois baixo o título Film lovers
will love this! (¡os amantes do cine amarán isto!) se amosaba un anuncio no
que se vían distintas escenas de sexo (de películas europeas) nas que as
parellas chegaban ó orgasmo ó unísono, para concluír que debemos "chegar xuntos" para celebrar o cine
europeo.
O polémico vídeo que promociona o cine europeo en EUTube Esta visión que emprega dos dobres sentidos non parece gustar nalgúns países,
de xeito que hai moitas críticas negativas sobre o vídeo, aínda que trala
expectación creada hai que recoñecer que a campaña publicitaria sustentada en
YouTube está a ser un éxito, e os
seus responsables non dubidan en afirmar están "orgullosos dun cine europeo forte, cheo de emocións intensas, unha
características do noso cine que non se atopa noutras partes do mundo".
O vídeo que está a ser tan popular recolle
imaxes de películas coma Amélie, Rompiendo las olas, Goodbye Lenin, The Dreamers
e La mala educación, estando
acompañadas pola canción Las vecinas
da banda sonora da película Volver,
ou sexa, que o cine español fixo unha importante achega a este popular corte.













































