Ferramenta de teledetección GPL, OSSIM
OSSIM (http://www.ossim.org) (Open Source Software Image Map) é un proxecto de código aberto orientado fundamentalmente ao mundo da teledetección e o proceso de imaxes en percepción remota, así como en menor medida ao campo da fotogrametría e dos Sistemas de Información Xeográfica. Conta cun grupo bastante activo de usuarios (incluíndo unha lista de correo) e o seu desenvolvemento empezou alá por 1996. O núcleo duro dos desenvolvedores pertence a axencias gobernamentais norteamericanas, e por iso este software é utilizado en institucións da importancia de NOAA (http://www.noaa.gov/).
2007-07-12T10:10:27+01:00













































