GRASS, outra alternativa opensource de SIX
GRASS (http://grass.itc.it/) (acrónimo inglés de Geographic Resources Analysis Support System) é un software SIX (Sistema de Información Xeográfica) baixo licenza GPL (Software Libre). Pode soportar información tanto raster como vectorial e posúe ferramentas de procesamento dixital de imaxes. GRASS pode ser descargado en http://grass.itc.it/ (http://grass.itc.it/) e aínda que está dispoñible principalmente para plataformas UNIX e GNU/Linux. Tamén existe un proxecto paralelo denominado winGRASS GIS que portou o programa a versións baseadas na tecnoloxía NT do Sistema Operativo Microsoft Windows usando as bibliotecas Cygwin. Todo iso cun código idéntico ao da versión UNIX/Linux.
2007-06-29T12:30:27+01:00













































