Portal    Foro    Buscar    FAQ    Registrarse    Conectarse
Publicar Nuevo Tema  Responder al Tema Página 1 de 1
 
Guia para Converter un foro phpBB 2 a phpBB 3 paso a paso
Autor Mensaje
Responder Citando
Mensaje Guia para Converter un foro phpBB 2 a phpBB 3 paso a paso 
 
Ola a todos.
A continuación vou explicar como converte-lo voso foro PHPBB 2 á recente versión PHPBB 3.
Imos face-los seguintes pasos.

   1. Como sempre, en todo proceso de actualización ou modificación, facemos unha copia de seguridade de todo o noso foro, xa sexa arquivos como base de datos.
   2. Seguidamente pechámo-lo acceso ó noso foro PHPBB 2 dende a ACP, é dicir, o deshabilitamos temporalmente.
   3. A continuación, creamos unha base de datos nova onde se instalará a nova versión de PHPBB 3.
   4. Agora descargámono-la última versión de PHPBB 3 en galego preinstalada de http://www.egalego.com/phpbb/
e subímolo nunha carpeta distinta a onde témo-lo noso foro coa versión PHPBB 2 funcionando.
   5. Unha vez subido, realizámo-lo proceso de instalación da versión PHPBB 3, como se fóra unha instalación limpa.
   6. Ben, xusto antes de saír completamente do menú de instalación, felicitasenos por instala-la nova versión de PHPBB.
   7. Agora vén a parte importante, a conversión ou traspaso de información do noso foro PHPBB 2 a PHPBB 3.
   8. Arriba do todo, temos unha pestana que pon CONVERTER ou CONVERT. (segundo o linguaxe)
   9. Seleccionámo-lo conversor que nos interesa, no noso caso é: PHPBB 2.0.x
  10. Agora, nos volve a saír unha paxina para introducir uns datos de conexión a unha BD. Ben, estes datos deben se-los que pertencen ó foro PHPBB 2, que será de onde se copiarán os datos.
  11. Unha vez completados os datos, empezámo-la conversión.
  12. Observaremos que o sistema empeza a traballar só, deamoslle tempo a copiar tódolos datos.
  13. Finalmente, Conversión Completada.



Accións posteriores á conversión do noso foro.

   1. Cambiámo-lo nome ou borrámo-la carpeta /install/
   2. Probablemente, cando finalizou a conversión, deunos un aviso sobre que non se puido copia-lo índice de buscas.
   3. Ben, só temos que acceder ó noso foro PHPBB 3, á ACP, na pestana de MANTEMENTO ou MAINTENANCE.
   4. Entramos á opción ÍNDICE DE BUSCA ou SEARCH INDEX, e reconstruímo-los nosos índices. (depende do tamaño da BD tardará mais ou menos)
   5. Lembrade, que sería recomendable, que percorrésedes toda a ACP, revisando as configuracións, permisos de foros, de usuarios, etc...
   6. Tamén fará falta move-lo foro PHPBB 3 ó mesmo directorio que a versión PHPBB 2.
      Pero sen mestura-los seus arquivos, o foro PHPBB 2, cambiádeslle o nome á carpeta.
      E revisade que o valor do campo script_path da táboa phpbb_config na BD é correcto segundo o directorio onde poñáde-lo foro.
   7. Para finalizar, só nos queda abrir de novo o noso foro e volverá a estar operativo sen maiores problemas.
   8. Agora, a BD e arquivos do foro PHPBB 2, se todo vos foi correctamente, ou podedelo gardar un tempo, ou borralo, ó voso criterio.



 isto é todo amigos.

artigo orixinal en castelan:
http://www.januweb.com/foro/viewtopic.php?p=18000#p18000

saudos




Desconectado Ver perfil del usuario Enviar Mensaje Privado
Descargar Mensaje Volver arriba Página Inferior
Web hosting
Mostrar mensajes anteriores:   
Ocultar¿Este tema fue útil?
Compartir este tema
blinkslist.com blogmarks.net co.mments.com del.icio.us digg.com newsvine.com facebook.com fark.com feedmelinks.com furl.net google.com linkagogo.com ma.gnolia.com meneame.net netscape.com reddit.com shadows.com simpy.com slashdot.org smarking.com spurl.net stumbleupon.com technorati.com favorites.live.com yahoo.com DIGG ITA Fai Informazione KiPapa Ok Notizie Segnalo

Publicar Nuevo Tema  Responder al Tema  Página 1 de 1
 

Usuarios navegando en este Tema: 0 Registrados, 0 Ocultos y 1 Invitado
Usuarios Registrados conectados: Ninguno


 
Lista de Permisos
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
No puede adjuntar archivos
No Puede descargar archivos
Puede enviar eventos al Calendario