A Consellería de Innovación e a Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por estrada (APETAMCOR) van asinar un convenio de colaboración para executar un proxecto piloto de implantación das novas tecnoloxías da información e das comunicación (TIC) no sector do transporte.
O devandito convenio, que será aprobado mañá 5 de xullo polo Consello da Xunta de Galicia, vai servir para promover o emprego das novas ferramentas no colectivo dos transportistas de mercadorías, moi afastado até o de agora das vantaxes que estes avances están a facilitar no tecido empresarial, segundo indica a Consellería.
O cento setenta mil euros que Innovación vai achegar a este colectivo, permitirá incorporar a tecnoloxías axeitada para a implantación do novo tacógrafo dixital e capacitar ós profesionais no emprego e obtención de información a través das TIC.
-
Actualidade
/
tres
Raquel Noya
Actualidade tres

Mediante a sinatura deste convenio, a Xunta pretende acadar un desenvolvemento socioeconómico da comunidade, tendo en conta as necesidades específicas do colectivo e os recursos e potencialidades presentes no territorio.
Segundo Innovación, este desenvolvemento "fará posible a creación de postos de traballo e contribuirá a que as empresas de transporte de mercadorías sexan máis produtivas e competitivas".