"Les Trophées du Libre", nova edición dunha das maiores competicións para promover o Software Libre
Les Trophées du Libre (http://www.tropheesdulibre.org/?lang=en) é un concurso que, desde 2003, intenta promover proxectos innovadores dentro do Software Libre, co obxectivo de dar a estes un certo recoñecemento e publicidade. Neste concurso (http://fr.wikipedia.org/wiki/Troph%C3%A9es_du_libre), de carácter internacional, poden participar tanto desenvolvedores amateurs como profesionais, para obter premios que van até os 3000 €.Con 113 participantes de 18 países, é, en palabras de Richard Stallman (http://es.wikipedia.org/wiki/Richard_Stallman), a maior competición organizada para promover o espírito do Software Libre entre os usuarios. Os finalistas serán anunciados o día 1 de novembro. A lista de proxectos presentados (http://www.tropheesdulibre.org/-Les-projets-en-lice-.html?lang=en) contén programas bastante interesantes nas 6 categorías existentes.
2007-10-11T13:02:32+01:00













































