
O pasado venres púxose á venda nos EE.UU. o iPhone
de Apple, de xeito que moitos medios alcumaron a data coma o iDay (o Dia I), e
parece que non foi para menos, xa que as tendas que abriron ás 18:00 horas para
por á venda o novo terminal de telefonía móbil practicamente esgotaron as súas unidades
nunha hora, de xeito que se
venderon medio millón de dispositivos.
Nas tendas limitaban a venda a 2 unidades por persoa, de xeito que se fixo
habitual mercar un terminal para uso propio e outro para vender a través da
Rede en poxas coas que se pretendía sacar proveito económico, de feito que en
eBay mesmo aparecían na portada da súa web, pero este negocio podería non
estar saíndo tan ben como algúns agardaban, xa que os
usuarios que pagaron máis de 1.000 dólares por un terminal foron demasiado
anecdóticos, non chegando a meirande parte das poxas a superar o prezo mínimo
marcado polos seus vendedores.
-
Telefonía
/
dous
Marcus Fernández
Telefonía dous

O pasado venres púxose á venda nos EE.UU. o iPhone
de Apple, de xeito que moitos medios alcumaron a data coma o iDay (o Dia I), e
parece que non foi para menos, xa que as tendas que abriron ás 18:00 horas para
por á venda o novo terminal de telefonía móbil practicamente esgotaron as súas unidades
nunha hora, de xeito que se
venderon medio millón de dispositivos.

A portada de eBay reservou un espazo ás poxas polos iPhone
Nas tendas limitaban a venda a 2 unidades por persoa, de xeito que se fixo
habitual mercar un terminal para uso propio e outro para vender a través da
Rede en poxas coas que se pretendía sacar proveito económico, de feito que en
eBay mesmo aparecían na portada da súa web, pero este negocio podería non
estar saíndo tan ben como algúns agardaban, xa que os
usuarios que pagaron máis de 1.000 dólares por un terminal foron demasiado
anecdóticos, non chegando a meirande parte das poxas a superar o prezo mínimo
marcado polos seus vendedores.
O fracaso destas poxas non estaría só provocado polo alto prezo dos terminais
(que se poden acadar a un prezo de entre 499 e 599 dólares con só agardar uns días
a que repoñan os terminais das tendas) senón tamén pola pouca fiabilidade das ofertas,
que en moitos casos no facían ningunha referencia á operadora de telefonía que
vende o terminal e que estiveron precedidas mesmo de descaradas copias piratas
do produto máis agardado do ano.
Entre os usuarios que mercaron o terminal nas tendas de AT&T tampouco
faltaron as malas experiencias, pois para activar o dispositivo é preciso
conectarse a iTunes, operación que deu problemas a algúns compradores, aínda
que parece ser que se tratou de casos illados.













































