Montar un foro de discusión... cal escollo?
Ola
o outro dia lendo este artigo de ba-k
http://www.infectedfx.net/montar-un...al-escojo/2007/
plantexeime, e no caso dos webmasters galegos, ¿que foro escoller?
ben enton decidinme adaptar ese artigo, e este é o resultado.
Pois ben, moitos webmasters falan hoxe en día de blogs e mais blogs, en onde a plataforma "estandar" por natureza é wordpress, pero no area dos foros de discusion o ambiente é un pouco confuso á hora de elixir, todos teñen grandes características moi útiles, me refiro con isto a que cada plataforma é ideal para un tipo de comunidade en específico.
Imos esmiuzar as características principais dos xa consagrados e dos novos proxectos, o leano por favor, e aporten as suas suxerencias
…como dixen nalgún outro artigo, a opinións baséanse en experiencia persoal, se vos tedes experiencias similares, diferentes ou ben, queredes agregar outras plataformas, agradeceríavos o comentasedes
Tratarei só os feitos en PHP.
Adiántome a unha dúbida clásica… TODOS estes foros teñen a posibilidade de poñelos en español… e a maioria tamen en galego, pero iso iremolo explicando mais abaixo
Bbpress
http://bbpress.org/ (Open Source, de balde)
É ultra lixeiro, corre bastante, ademais de que se lle poden agregár mais características mediante plugins e a aparencia pódese modificar mediante templates.
Como punto malo podo dicir que é feo! é horrible! jajaja, xa sendo obxectivos a verdade é que a desvantaxe mais grande non é iso, senón que remata de nacer, entón hai pouca xente interesada en facer convertedores, bridges, estilos e plugins, teremos que lle dar un rato mais a este elememento. Dende egalego.com estamos rematando a sua traducion o galego.
Este é un sistema deseñado polos creadores de Wordpress, evidentemente ten unha integración con Wordpress boisima, está pensado en ser un sistema ultra lixeiro, sen tantas características que o inflen ou o fágan pesado, un foro de discusion e punto… Sinceiramente a min non me agrada a interface nin as funcións, considero que o feito de querer facer un foro rápido non xustifica face-la interface como feita en 1995, pero é cuestion de opinións.
Invision Power Board
http://www.invisionpower.com/ (de pago, $149 e $229 c/6 meses)
Invision ten unha interface preciosa, incluso a que vén por defecto, aínda que non se di de maneira oficial o seu codigo basease bastante no de Vbulletin e ikonboard. Invision é un foro ó que eu considero Bloatware, é dicir, por querer facelo tan completo encherono de cousas que para algúns son innecesarias, iso si, é totalmente configurable, ata as entrañas.
Unha clara desvantaxe na miña opinion, aparte do prezo que é elevadisimo, é a estrutura dos templates, é de verdade unha tortura facer un skin personalizado a IPB. Eu recomendaríao para comunidades medianas, pero hai que ter en conta que gasta demasiados recursos do servidor, asi que consideren gastar non só na licenza, senón nun servidor dedicado. Ah por certo… O soporte técnifo é malisimo! (tardan dous dias en contestar, iso está no contrato)
Que eu sepa non hai traducion o galego, se alguen a coñece e existe que avise, por favor, ou se alguen esta interesado en traducilo que se pase por egalego.com e poñemonos e elo....
MINIBB
http://www.minibb.net/ (de balde, con plugins de pago)
Este é, como di o seu nome, un foro con pouco codigo pero non menos potente, é rapido e facil de usar, o seu slogan é "ata a túa nai pode usalo". Eu vexo a MINIBB como un proxecto moi prometedor, pero chegoulles un pouco a avaricia/necesidade e fan o mellor só para os usuarios de pago. Iso si, é un foro que ó meu gusto é elegante e extremadamente ben programado, lixeiro como poucos. A desvantaxe? , que non hai convertedores de MINIBB a outros, nin doutros a MINIBB.
Traducion o galego dispoñible en http://www.egalego.com/foros/2007/traducions-rematadas-vf2.html
PHPBB http://www.phpbb.com/ (Open Source, de balde)
O foro por excelencia, a verdade é que PHPBB é un foro realmente bo no que creo, ten tódalas características avanzadas dos grandes foros, ten un soporte (na súa comunidade) increible, informacion por todos lados, etc…
De feito é o que a dia de hoxe emprego nos meus proxectos, e un dos que damos soporte en galego en egalego.com, pero como todos ten algunhas desvantaxes. A primeira é que ó ser un dos mais usados tamen é un dos mais hackeados, o que obviamente se resolve tendo actualizado puntualmente o script. A segunda desvantaxe é que o instalar engadidos (mods) o sistema tardas entre 15 a 45 minutos en instalalos, emoitas veces é preciso editalo codigo fonte do programa, polo cal se non tes coñecementos basicos de PHP, mellor nin lle metas man ou ten un backup de arquivos e base de datos sempre.
Unha vantaxe notable é a súa capacidade de non só correr en MYSQL, tamen corre sobre POSTGRESQL ...
En canto a consumo de recursos, instalacion e engadidos que trae de serie, mellorou moito coa recente nova version, a phpbb3
Existe traducion o galego, realizada por medulio, na ciberirmandade
Tedes soporte internacional en galego en egalego.com (estamos en tramites de se nos admiten como soporte oficial internacional en galego, pero sexa como sexa damos soporte)
PUNBB http://punbb.org/ (Open Source, de balde)
Un dos mellores neste momento, PUNBB eu o recomendaria para sitios nos que vale mais o contido que o deseño, aínda que a simple vista pode asemellar un pouco feo, a verdade é que cunha boa folla de estilos é extremadamente bonito. Unha vantaxe que ten é o seu sistema de indexado, que fai que as buscas e outras tarefas sumamente rápidas e eficientes. Está deseñado para ser do mais limpo e veloz que haxa, e non ter tantas caracteristicas de "bloatware" como os demais… Facer modificacións a PUNBB é unha delicia, tanto a nivel programacion como a nivel deseño, aínda que debo dicir que se a túa comunidade esta chea de xente á que lle gusten demasiado os avatares, sinaturas "bonitas", editores WYSIWYG , mensaxes privadas, e demas caratéristicas avanzadas, PUNBB quedase un pouco curto, pero de que é buenisimo, iso non se dubida.
(De todos modos moitas desas caracteristicas podense engadir...)
Existe traducion o galego en http://www.egalego.com/foros/2007/traducions-rematadas-vf2.html
SMF, Simple Machines Forum
http://simplemachines.org/ (Open Source (non GPL), de balde)
Falar deste foro emocioname, sinceiramente o estraño na miña comunidade… é facil, é simple, ten tódalas caracteristicas dos grandes e é SEGURO, SEGURO como ningún. E sen dubida a dia de hoxe de ter que deixar o meu phpbb seria o que empregaria.
Programar plugins (e instalalos), facer modificacións importantes ó codigo e facer estilos visuais para este foro é unha delicia, de verdade, é que o seu codigo é tan estandar e tan depurado, que dá gusto. Hai actualizacións constantes, pero son mais que nada para agregar novas funcións, mais que para "parchear" vulnerabilidades, o que che manten moi comodo cando o instalas.
Unha desvantaxe clara deste foro é que non se indexa moi ben en google, é dicir, non che dará moitas visitas de parte dos buscadores, pero iso arranxase con plugins de balde , o soporte tecnico é excelente na comunidade, que tamen ten un apartado en español. (E estamos intentado que haxa apartado en galego, de todos modos tedes soporte en galego en egalego.com)
Un dos meus favoritos de entre os foros de balde, se tes unha comunidade de menos de 50,000 usuarios rexistrados, non cho penses, esta é a opcion, nin sequera busques opcións de pago, non ten caso
Traducido o galego en
http://www.egalego.com/foros/2007/traducions-rematadas-vf2.html
Vanilla
http://getvanilla.com/ (Open Source, de balde)
Moitos ó se referir a Vanilla usan terminos como "sexy", "elegante", "diferente", pode parecer "confuso", pola sua diferente idea e concepto de como publicar mensaxes con repecto os outros foros pero todo e cuestion de gustos. Se ben ten un deseño bastante modificable con follas de estilo, o feito de que veña nun formato un tanto diferente pode ser confuso para o usuario, ou dependendo para o que o uses incluso poderia ser mais sinxelo de empregar, pois o formulario de publicacion de mensaxes e sempre o mesmo e nunha lista despregable seleccionas o foro no que desexas publica-la tua mensaxe o cal pode evitar o coñecido problema dos foros en que os usuarios publican os seus temas foro de lugar ou ben duplicados, triplicados... A vantaxe primordial de Vanilla é que está feito nun codigo sumamente limpo, o que permite que se execute nun servidor con PHP 4 ou PHP 5 sen haber diferenza, irá ben e bastante rápido.E non só corre ben sobre Apache, probarono en plataformas como LITESPEED server, IIS e Lighttpd (lighty) e vai fenomenal, non desmerece unha soa das súas funcións.
Traducido o galego en
http://www.egalego.com/foros/2007/traducions-rematadas-vf2.html
Vbulletin
http://www.vbulletin.com/ (de pago, $85 e $160 c/12 meses)
Este converteuse na salvación para comunidades de grandes a enormes. Cando un instala Vbulletin e olla que pesa bastantes megas e que nunha instalacion fresca crea 116 táboas na MYSQL, dáse conta que é un mounstruo, pero ó usalo un dáse conta que é un mounstruo bastante util e incluso intégra AJAX como algo super util.
Vbulletin é pesado, si, usa moitos recursos de sistema, si, pero os usa de maneira moi intelixente, a maneira na que está estructurada a base de datos é unha obra mestra de enxeñeria. Non o recomendo para sitios pequenos porque pode que un trailer sexa demasiado pesado para transportar a poucos pasaxeiros, pero definitivamente será a mellor opcion se tes mais de 20,000 usuarios rexistrados. Ó igual que Invision é sumamente configurable. Creo que a súa maior desvantaxe é sen dúbida o dificil que é facer un "Theme", porque todo se aloxa en base de datos, non é como os demais que editando un pequeno arquivo xa está.
Pero honra a quen honra merece, teñen un soporte técnico INCREIBLE, rapido! e de verdade preocúpanse polo desenvolvemento de novos plugins e add-ons. O seu sistema de "Produtos" e Add-ons é quizais o mais avanzado xunto co de SMF, que permite instalar estes cun ou dous clicks e face-la desinstalacion da mesma forma. Vbulletin ten tódalas características que un puidese pedir e máis, sen dúbida dentro das opcións de pago é o rei.
Unha ultima cousa… é o unico que soporta de maneira nativa caracteristicas multiservidores como multiples bases de datos ou load balancing con memcached, asi que se pensas abrir un foro ENORME, non dubides, este é o teu foro...
Traducion o galego como no caso de invision que eu sepa non existe, se alguen a coñece e existe que avise, por favor, ou se alguen esta interesado en traducilo que se pase por egalego.com e poñemonos e elo....
Agardo que lles sexa de utilidade este artigo, .... alomenos con esa intencion o adaptei
saudos a todos/as
victor (casimedicos)
egalego (a) gmail.com
http://www.egalego.com/
Licenza
Este artigo esta baixo licenza creative commons, queremos que te sintas libre de copialo e distribuilo, pero lembra, podes copialo, pero non plaxies, lembra recoñecer os seus autores e fonte orixinais. Para mais informacion visita www.egalego.com
Esta obra é libre e está sometida ás condicións dunha Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 España Pode redistribuír, copiar e reutilizar este manual sempre que dea crédito aos seus autores, sexa con fins non comerciais e inclúa esta mesma licenza nas obras derivadas. Para unha copia completa da licenza visitar a web: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/2.5/es/deed.gl













































