Xa está listo para descarga o novo Opera 9.25,
un navegador de balde que inclúe bloqueador de pop-ups, navegación por xestos de rato, cliente de correo incluído con filtro spam, Chat compatible con IRC, soporte con RSS, xestor de contrasinais ...
Destaca do mesmo a súa sistema de navegación a través de pestanas con vistas previas de miniaturas, a súa tecnoloxía que nos permite navegar por Internet de maneira máis segura e rápida, grazas a un potente motor de seguridade que inclúe protección antifraudes.
Ademais de Speed Dial, compatibilidade con BITTORRENT, Widgets, lectura e control a través de voz, Zoom, etc...
É recomendable actualizar á 9.25 porque esta arranxa 4 erros de seguridade, 2 de alta perigosidade e 1 de media.
Nesta versión corrixíuse:
- Vulnerabilidades atopadas cos complementos.
- Problemas atopados cos certificados TLS.
- Erros cos arquivos BMP… e máis
Poden ve-lo changelog completo en
http://www.opera.com/docs/changelogs/windows/925/
ou simplemente descarga-la nova versión en
http://www.opera.com/download/
como sempre, a traduccion ó galego xa esta dispoñible na nosa web
http://www.egalego.com/xs/dload.php
http://www.egalego.com/xs/traducion-do-opera-9-df98.html
Instruccions de instalacion do idioma galego
http://www.egalego.com/xs/viewtopic.php?t=8
saudos













































