O Corpus lingüístico de Mancomun.org amplíase cos proxectos Gnome e Pidgin
Corpus de Mancomun.org (http://corpus.mancomun.org/xestermos.php) permite procurar palabras en inglés ou en galego nos proxectos de adaptación ao galego de OpenOffice.org, Gnome e Pidgin e, en breve, nos de Mozilla Firefox e Thunderbird.O Corpus busca nos distintos proxectos de tradución almacenados e devolve parellas de frases inglés-galego ou galego-inglés nas que se atopa a palabra procurada e a frase traducida correspondente. Esta ferramenta facilita o mantemento da coherencia terminolóxica nas traducións de distintas aplicacións libres, cuestión fundamental para a calidade final dos produtos.
2007-07-04T09:32:29+01:00













































