O galego convértese na primeira lingua do estado en ter un corrector gramatical libre
O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, xunto coa directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, presentaron hoxe o corrector gramatical para o galego Golfiño (http://wiki.mancomun.org/index.php/Golfi%C3%B1o._Corrector_gramatical_para_OpenOffice.org). Deste xeito, o galego convértese na primeira lingua do estado que conta con esta ferramenta. Ademais, só outras cinco linguas no mundo dispoñen dun software destas características. Presentación do GolfiñoO Golfiño, aínda en versión beta, completa ás aplicacións lingüísticas do paquete ofimático OpenOffice.org e permítelle ao seu procesador de textos detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcionalidades. Máis de 45.000 galegos contan xa co OpenOffice.org, posto á súa disposición a través da iniciativa de promoción do software libre da Consellería de Innovación e Industria, Mancomun.org. O Golfiño é un prototipo, que se poñerá a disposición da comunidade para a súa continua mellora no espazo de desenvolvemento colaborativo de software libre do proxecto Mancomun.org, denominado A Forxa. Podedes descargalo para Windows (raquo-descargas/software-libre/golfinho/golfinho1.0-setup.exe.html), Mac OS (raquo-descargas/software-libre/golfinho/golfinho1.0-mac.zip.html) ou GNU/Linux (raquo-descargas/software-libre/golfinho/golfinho1.0-linux.tar.gz.html). Tamén está dispoñible un breve FAQ (raquo-descargas/software-libre/golfinho/golfinhofaq.pdf.html) coas principais características do corrector.
2007-06-29T11:52:33+01:00













































