O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando
Blanco, xunto coa directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da
Información, Elena Veiguela, presentaron hoxe
o corrector gramatical para o galego Golfiño, de xeito que a nosa lingua se
converte na primeira do Estado en contar con esta ferramenta que se integra en
OpenOffice.org, de xeito que o seu procesador de textos pode detectar erros de
sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcionalidades.
O paquete ofimático de código aberto OpenOffice.org está a ser usado por máis
de 45.000 galegos, que agora poderán engadir ó Golfiño
ó mesmo, aínda nesta versión de probas que se irá mellorando coas achegas que
fagan os seus usuarios.
-
Software libre
/
un
Marcus Fernández
Software libre un

Características técnicas do Golfiño

O Golfiño corrixe erros gramaticais e de estilo frecuentes nos escritos en
galego como os provocados polo cambio de norma, os de rexencia verbal, os de
concordancia de xénero e número, os de confusión ortográfica con detección
gramatical, as malas construcións de perífrases verbais ou as preposición non
admitidas polo verbo. Ademais, pode detectar nalgúns casos erros de
contracción, da posición dos pronomes enclíticos e mais erros de concordancia
nominal e verbal.
A configuración deste corrector gramatical está baseada na tecnoloxía
lingüística resultado dos traballos da comunidade científica galega e nun
innovador proxecto de investigación brasileiro, que dispón do corrector
gramatical do portugués do Brasil CoGrOO.
A versión actual do Golfiño é un prototipo ou beta, é dicir, un modelo en proba
dirixido a que tanto a comunidade científica da lingua galega (Instituto da
Lingua Galega, Real Academia Galega, Centro Ramón Piñeiro, departamentos de
lingüística computacional...) como a comunidade do Software Libre poidan realizar
melloras no sistema e crear así unha ferramenta de maior rigor, potencia e
funcionalidade. Así mesmo, procura sentar a base para o desenvolvemento de
proxectos futuros nesta liña de investigación, no camiño da implantación do
galego na sociedade da información.
O corrector Golfiño foi realizado pola empresa Imaxin Software, S.C.,
adxudicataria do concurso público, que requiriu un investimento de 51.000
euros.
TPV en galego
Por outra banda, a Consellería de Innovación e Industria presentou tamén o
Terminal Punto de Venda (TPV) Tina POS, un dos primeiros programas de xestión empresarial traducidos ao galego
a través do proxecto de difusión do software libre Mancomun.org. Esta actuación
encádrase nas estratexias do PEGSI, que contempla a necesidade de achegarlle ás
empresas software de calidade en galego.
Tina POS foi desenvolvido en orixe para xestionar a caixa dun negocio
hostaleiro, pero é facilmente adaptable a calquera pequeno comercio. Está
especializado como TPV para os establecementos hostaleiros, cun sistema de
xestión visual das mesas, que controla se están ocupadas ou libres. A
configuración da situación das mesas pode personalizarse segundo as condicións
do establecemento. Malia estar deseñado para pantallas táctiles, está
configurado tamén para traballar co rato e co teclado. Xestiona o proceso de
venda mediante unha interface sinxela á que teñen acceso os vendedores. Permite
tamén a creación e a impresión de tickets, a agrupación de pedidos por mesas en
hostalería, realiza cambios na base de datos do inventario e outros labores do
negocio.
Ademais do Tina POS estase traducindo o ERP libre OpenBravo, un programa que permite xestionar todos os procesos (compra e venda,
recursos humanos, marketing...) dunha PEME e estanse avaliando solucións
abertas para a contabilidade das empresas.