O parlamento chileno aprobou unha implementación para o uso do SoftwareLibre
O pasado martes 10 de xullo, o parlamento chileno aprobou, por unha ampla maioría dos seus deputados e deputadas, a posta en práctica do Software Libre na súa administración pública; amplíase, deste xeito, a listaxe de países que optan por este tipo de aplicacións tamén no novo continente. Un dos parlamentarios declarou que ao considerar que o investimento en desenvolvemento científico no seu país é ínfimo, o uso do sistema Linux forneceralle poderosas ferramentas computacionais, practicamente a un custo cero, cunha grande vida útil, con maior seguranza, estabilidade e flexibilidade...
2007-07-12T11:27:02+01:00













































