O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-doc, adicado en exclusiva ó documental de creación, abre as súas portas para dar cabida, no vindeiro mes de marzo de 2008, a todos aqueles realizadores ou produtores que desexen inscribir as súas obras.
Coma noutras edicións, a Asociación Cultural Enfoques, organizadora deste evento, convida a participar a calquera autor sexa cal sexa a duración, temática e nacionalidade da súa obra pero fai un chamamento especial ós realizadores e produtores de Galicia xa que, entre os seus principais obxectivos, atópase a promoción e a difusión do documental galego, ó que lle dá unha especial relevancia dentro do festival.
Nesta edición, o Play-Doc espera superar os 513 documentais dos 55 países que se presentaron á preselección do pasado ano e convertirse en referencia e punto de encontro para o público en xeral e profesionais do medio audiovisual en concreto.
-
Actualidade
Raquel Noya

Coma noutras edicións, o festival contará cunha sección oficial a concurso e unha sección informativa non competitiva, así como unha serie de eventos paralelos en estreita relación cos contidos do festival, como charlas, exposicións, concertos ou obradoiros de imaxe.
Os interesados en participar deberán presentar os seus traballos antes do vindeiro 15 de novembro de 2007 na web do festival: www.play-doc.com.