Wizards of the Coast revolucionou o lecer nos anos 90 cas cartas de Magic,
que permitían un xeito diferente tanto de xogar coas cartas como de
coleccionalas, e que acadaron un éxito impresionante que agora se pode reeditar
co innovador xogo The Eye of
Judgment que chegará para a consola PS3.
O novo xogo fará uso da cámara USB que se poderá conectar á PS3, a PlayStation
Eye, que irá moito máis aló da clásica EyeToy, e que permitirá, entre outras
cousas, recoñecer un código que aparece nunhas cartas físicas de xeito que lles
dá vida na pantalla da PS3 cunhas animacións xeniais.
-
Videoxogos
Marcus Fernández

Trailer do xogo Con The Eye of Judgment combinarase un xogo de cartas coleccionables cunha
xogo de consola, que permite xogar contra a PS3, xogar contra outras persoas no
mundo físico, xogar contra outros usuarios en liña e mesmo un enfrontamento
entre consolas (empregando o mazo de cartas do xogador).
Fieis ó espírito dos xogos de Magic, este novo xogo comezará cun mazo de
iniciación e se poderán adquirir novas cartas en puntos de distribución (ou
intercambiándoas cos amigos).
No
E3 deste mes presentarase o xogo (que chegará ás tendas no outono) e
pretende facerse coa atención de moito público, especialmente dos que xa se
achegaron a este tipo de divertimentos no pasado.