O
Goberno ruso pechou a polémica tenda de música AllOfMP3, que destacaba por
vender os temas a granel (e a un prezo bastante reducido), ante as presións dos
EE.UU. que se negaban a que Rusia entrase na Organización Mundial de Comercio
mentres a tenda estivese activa.
Ata o seu peche AllOfMP3 acadou preto de 6 millóns de usuarios que podían
descargar discos e cancións a un prezo moito máis barato que outras tendas en
liña. Así, por 0,20 dólares (ou menos) se podían mercar as cancións para a súa
descarga (e sen contar con proteccións DRM) destacando o enorme fondo do catálogo
ofrecido grazas, en boa medida, polas diferenzas entre a lexislación rusa e a
norteamericana no tocante ós dereitos de autor (polo que a web era totalmente
legal, aínda que non gozase da aprobación das discográficas norteamericanas).
-
Actualidade
Marcus Fernández

Os usuarios que empregaban o servizo ruso parece que non quedarán orfos, pois
contan cunha especie de clon do mesmo, MP3sparks,
que imitando a interface e os prezos podería repescar a moitos clientes de
AllOfMP3.