
Re: Poñer Icy Phoenix En Galego
Saudos de novo ... andiven atorado con temas de chollo .. espero ahora ter tempo para votar unha man coa traducción do Icy Phoenix...
Adicionalmente ocorreseme a seguinte mellora para o Icy Phoenix respecto ao soporte de idiomas, poñoa aqui por si alguén sabe como enfocala.. eu de php nin papa
Ouxectivo: Posibilidade de que cada usuario escriba no foro na sua lingua e o sistema efectue a traducción automática ao resto de linguas soportadas antes de presentar as mensaxes... castelán, galego, eusquera, catalán, Ingles...
Ferramenta de traducción xa desenvolvida (php código aberto) ver ligazons e exemplos mais abaixo...
- Nestes intres podese configurar o Icy Phoenix para que cada usuario/a seleccione a lingua da sua preferencia, pero isto somentes afecta a menus e botóns... pero non á lingua na que se presentan as mensaxes que escriben os usuarios/as.
FUNCIONALIDADE SUXERIDA
- Cada usuario escolle a lingua na que quere participar e escribe evidentemente nesa lingua galego, castelán, eusquera,catalan...Inglés.
- Cando o usuario/a lle dá ao botón de "Enviar" para publicar unha nova mensaxe, o sistema fai traducción automática si é preciso e garda a mensaxe sempre na misma lingua ( lingua base do foro), a lingua mais razoable a definir como base será aquela que mais vaian empregar os/as participantes desa instalación de Icy Phoenix concreta por que faría necesario menos traballo de traducción para o sistema e a corrección linguística sería provablemente mais correcta.
- Para presentar as mensaxes dos usuarios e sempre que a lingua seleccionada polo usuario non coincida coa lingua base do foro ( na que estan almacenadas as mensaxes ) O sistema producirá unha traducción automática das mensaxes á lingua seleccionada polo usuario antes de presentalos por pantalla.
LIGAZONS
Ferramenta xa denvolvida ( php e codigo aberto) que faria as veces de traductor automático
http://www.opentrad.org/
EXEMPLOS
http://www.mancomun.org/es/tradurl....ww.mancomun.org
Pinchando arriba á dereita volve á versión en galego que é lingua base
Implementación en joomla castelan-galego, como se fixo e como facelo en outros sistemas:
http://wiki.mancomun.org/index.php/...entrad/Apertium
Descoñezo si tamén seria posible castelán - Inglés e viceversa
-----------
OUTRA PROPOSTA DE MELLORA
Respecto a favorecer a participación de usuarios con dificultades de visión
Poñer ao principio de cada mensaxe un botón que produza a lectura do texto escrito
ligazón ao sistema que fai a función de lectura
http://vozme.com/
Saudos
Javier
-