Portal    Foro    Buscar    FAQ    Registrarse    Conectarse
Publicar Nuevo Tema  Responder al Tema Página 1 de 1
 
Premio Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre
Autor Mensaje
Responder Citando
Mensaje Premio Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre 
 
¿Por qué este premio?

Co Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre pretendemos fomenta-lo coñecemento do Software Libre entre os estudantes universitarios galegos, ó tempo que se visibiliza o traballo que xa se está facendo na universidade neste eido.

O obxectivo que nos motiva é que moitos dos PFCs que se presentan cada ano nas diferentes escolas e facultades de Galicia sexan desenvolvidos como Software Libre, premiando o mellor deles con 1,000 €.

¿Quen pode participar?

Descripción xeral

O concurso consiste na presentación e desenvolvemento dun PFC que cree un novo proxecto de Software Libre ou ben mellore un existente, utilizando unha implementación libre de calquera linguaxe de programación.

Requisitos para a participación
Os concursantes deberán estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas e os seus PFCs deberán ser defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias (ordinaria ou extraordinaria) do ano académico 2007/2008 (entre febreiro e outubro do 2008).
O código deberá estar baixo calquera das licencias de software libre así consideradas pola Free Software Foundation (FSF) ou a Open Source Initiative (OSI).

Cómo participar no evento
Cubri-lo formulario de inscripción.
Rexistrar-lo proxecto na forxa de mancomun.org, no tópico “Concursos > Premio ao mellor PFC con SwL > 2008“, aínda que se utilicen outros repositorios de código e listas de correo.
Entregar unha memoria (5 a 10 páxinas) do PFC explicitando as tecnoloxías de software libre utilizadas así como o proceso de interacción coa comunidade.
Realizar unha presentación do PFC o día de resolución e entrega.

Criterios de avaliación
Calidade do proxecto: deseño e implementación.
Nivel de actividade pública do traballo. Valorarase a publicación continúa do traballo e resultados que se vaian acadando, sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de mancomun.org ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais.

Premio

Concederase un único Premio de 1,000 €. Se o xurado o considera adecuado, podería ser entregado un accésit de 500 €.

O Premio poderá ser declarado deserto no caso de que ningún dos presentados reuna a calidade mínima necesaria.

Calendario

Período de inscripción: ata o 31 de outubro de 2008.

Resolución e entrega:

Realizarase no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC, en Santiago de Compostela, durante a segunda semana de novembro de 2008 (data exacta por confirmar).

Xurado
Igalia Free Software Engineering (2 persoas).
Universidades galegas (3 persoas):
Alberto Bugarín, como subdirector da ETSE da USC.
Enrique Barreiro, como director da EI de Ourense.
Alberto Valderruten, como decano da FIC da UdC.
mancomun.org (1 persoa):
Suso Baleato, como coordinador do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre.

http://blogs.igalia.com/premio-pfcs...-libre-unha-faq




Desconectado Ver perfil del usuario Enviar Mensaje Privado
Descargar Mensaje Volver arriba Página Inferior
Web hosting
Mostrar mensajes anteriores:   
Ocultar¿Este tema fue útil?
Compartir este tema
blinkslist.com blogmarks.net co.mments.com del.icio.us digg.com newsvine.com facebook.com fark.com feedmelinks.com furl.net google.com linkagogo.com ma.gnolia.com meneame.net netscape.com reddit.com shadows.com simpy.com slashdot.org smarking.com spurl.net stumbleupon.com technorati.com favorites.live.com yahoo.com DIGG ITA Fai Informazione KiPapa Ok Notizie Segnalo

Publicar Nuevo Tema  Responder al Tema  Página 1 de 1
 

Usuarios navegando en este Tema: 0 Registrados, 0 Ocultos y 0 Invitados
Usuarios Registrados conectados: Ninguno


 
Lista de Permisos
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
No puede adjuntar archivos
No Puede descargar archivos
Puede enviar eventos al Calendario