Publicación da licenza GNU GPLv3
Free Software Foundation (http://www.fsf.org/news/gplv3_launched) (FSF) publicou oficialmente a 3ª versión da licenza pública xeral (http://www.gnu.org/licenses/gpl.html) ([[GPL]]), despois de 16 anos da publicación da súa 2.ª versión. É a licenza de Software Libre máis estendida, que empregan os núcleos Linux, [[BASH]], [[GCC]] e outros importantes aplicativos. Logo de 18 meses de traballo, que supuxeron a súa exposición pública, os comentarios e mais as revisións da licenza de Software Libre máis popular, que se acompañaron dunha grande polémica, a FSF chama a unirse nesta celebración...
2007-07-02T01:00:00+01:00













































