
A revista Time non só saca listaxes positivas cos persoeiros do ano ou as
mellores páxinas web, senón que tamén publicou unha selección
coas 5 peores webs do ano, que curiosamente son bastante coñecidas e
utilizadas nos EE.UU., polo que podería indicar que o éxito e a calidade non
van sempre da man.
Loxicamente a listaxe de Time non destaca a webs tan nefastas que non cheguan a
ser coñecidas, senón que se refire a páxinas que resultan bastante incómodas
para o usuario.
-
Internet
Marcus Fernández
Internet

A revista Time non só saca listaxes positivas cos persoeiros do ano ou as
mellores páxinas web, senón que tamén publicou unha selección
coas 5 peores webs do ano, que curiosamente son bastante coñecidas e
utilizadas nos EE.UU., polo que podería indicar que o éxito e a calidade non
van sempre da man.
Loxicamente a listaxe de Time non destaca a webs tan nefastas que non cheguan a
ser coñecidas, senón que se refire a páxinas que resultan bastante incómodas
para o usuario, como serían:
[list]-eHarmony.com: unha web de citas en
liña, que parece ser todo un suplicio para os seus usuarios, ós que atosiga
con 436 preguntas sobre a compatibilidade de parella. Dende Time tamén destacan
que o sistema funciona moi mal ó recomendar parellas potenciais, polo que non
se fían nada de afirmacións como a que fixeran os responsables da web o pasado
ano asegurando que 16.000 parellas remataran casando tras coñecerse a través do
seu servizo.
-Evite.com: este servizo de invitacións a festas funciona correctamente, pero
parece estancado no tempo, de xeito que amosa certas deficiencias como só
permitir a incorporación de imaxes despois da celebración das festas, e
amosando unha interface que non facilita a personalización por parte do
usuario. Tampouco permite incorporar música e vídeo (que teñen tanto pulo na
web actual) polo que poderiamos rematar simplemente que esta web quedou
desfasada.
-Meez.com: este servizo de creación de avatares tridimensionais animados
para representar ós usuarios en foros e blogs foi seleccionado por Time como
simple cabeza de turco, pois nel
recaen as culpas de moitos servizos semellantes de creación de iconas e gráficos
totalmente innecesarios e pouco serios que normalmente provocan un uso abusivo
dos mesmos (o que acontece cando traspasan o ámbito do lecer).
-MySpace.com: resulta paradoxal que a rede social máis popular do mundo (e,
especialmente, nos EE.UU.) que incluso a propia revista Time situou entre as
mellores webs de 2006 estea considerada agora como unha das páxinas web máis feas,
cun deseño web pobre, e con todo un universo de usuarios falsos que conforman
unha comunidade máis orientada ó marketing
que á sociabilidade, de xeito que hoxe parece máis unha plataforma de
lanzamento de músicos e películas que unha plataforma de comunicación.
-SecondLife.com: neste caso hai que recoñecer que a boa prensa que ten este
mundo virtual pode non servir para nada, xa que resulta evidente que o feito de
que Second Life precise da instalación dunha aplicación no noso ordenador non
xoga moito o seu favor, xunto con que a navegación polo seu mundo virtual sexa
lenta, a personalización dos avatares aburrida e os usuarios non paren de facer
o parvo; así que podemos asegurar que o feito de que xurdan iniciativas moi
loables en Second Life (como a celebración de seminarios e xuntanzas de
negocios) iso non é suficiente para
salvar da queima a esta web que está a ter un éxito máis aparente que real.
[/list]













































