Tradución do Drupal 5.x ao galego dispoñible na páxina oficial
o anuncio na web de GLUG (http://www.glug.es/node/2356): Despois dalgúns meses de espera, o Grupo de Tradución de Drupal ó galego (http://groups.drupal.org/galiza) arranxou os problemas que se presentaban no repositorio, que impedían que estivera dispoñible na sección de descargas dende a páxina oficial de Drupal.org. Polo tanto aquí está a ligazón (http://drupal.org/project/gl). Agradeceríase que se se atopa algunha incorrección se reportara para arranxala. ...
2007-07-04T08:29:53+01:00













































