WebDisk, ferramenta de xestión de ficheiros dunha intranet
IntegraTUM WebDisk (http://www.simple-groupware.de/cms/WebDisk/IntegraTUMWebDisk) é unha aplicación web en Software Libre, baixo licenza GNU GPLv2, que permite o acceso a un servidor de ficheiros. Os servidores de ficheiros soportados son samba, MS Windows e NetApp OnTAP, e calquera outro baseado no protocolo CIFS (http://en.wikipedia.org/wiki/Server_Message_Block). WebDisk non ten ningunha base de datos de usuarios facendo a autenticación directamente sobre o servidor de CIFS. Pode ser unha ferramenta útil nas PEME que teñen os equipos en rede e precisan compartir os seus ficheiros dun xeito sinxelo.
2007-07-12T13:28:33+01:00













































