Categorías
CMS O galego Wordpress Xeral

Primeira reunión do equipo de tradución WordPress Galicia.

Pontevedra WordCamp rematou, dous días de formación e comunidade, noraboa a organización, patrocinadores e voluntarios. Aproveitando a Mesa de Traducións do Contributor Day, da primeira WordCamp de Galicia, fixemos a primeira reunión de tradución de WordPress o galego, Que mellor momento que este!!

O rematar fixemos foto de grupo, non estamos todos, alguns tiveron que sair un pouco antes. (Prometemos tentar facela antes, na próxima reunión)

Mais informacion da reunion en Wordpress Galicia

Algunha vez viches un  plugin en inglés ou español, e gustaríache telo en galego?

Se queres contactar con alguén da comunidade e participar activamente na tradución ao galego? ou avisar dalgunha tradución? Únete ao noso Slack seguindo estas indicacions, ou usa o noso formulario de contacto. E empezarás a formar parte do presente e futuro de WordPress.

Categorías
CMS O galego Wordpress Xeral

Cómo unirse ao Slack de WordPress Galicia

A comunidade de  WordPress en España usa  Slack para toda a comunicación interna. Grazas a esta ferramenta, os equipos de Traducións,  Core, Meetups ou WordCamps pódense coordinar dunha maneira áxil e colaborativa. Aproveitando a súa experiencia e  xenerosidade , durante a WordCamp Pontevedra ( A primeira #WordCamp en Galicia!) creamos unha canle para coordinar a tradución ao galego de WordPress.

O acceso é libre e de balde; para iso seguiremos os seguintes pasos (tal e como nos explican en WordPress España):

  1. Ter unha conta nos foros de soporte de  WordPress.org. Se non a tes pódela rexistrar aquí.
  2. Ao ter unha conta de  WordPress.org, automáticamente teras un enderezo electrónico do estilo usuario@chat.wordpress.org no teu perfil.
  3. Rexistra a conta en  Slack a través desta ligazón introducindo o teu nome de usuario de  WordPress.org.
  4. Inicia sesión en  wpes.slack.com e instala as apps en todos os teus dispositivos.
  5. Vémonos no Slack!

Lembra: O  SLACK NON É PARA SOPORTE, todo o relacionado con soporte realízase nos foros da comunidade (en español, polo momento non temos soporte en galego)

Fonte: WordPress Galicia

Categorías
O galego Xeral

Feliz DíadeGalicia!

Categorías
O galego Xeral

” A Brétema” de María Victoria Moreno. Letras Galegas 2018

Categorías
Xeral

Bó Nadal e un Feliz Aninovo.

egalego.com desexavos Bó Nadal e un Feliz Aninovo.