Opera

Navegador Opera 12.10 en galego

Opera 12.10 ten moitas novidades.
Quizais o elemento con máis peso neste Opera 12.10 o encontramos nas extensións, que nesta ocasión son máis potentes que nunca, pero os seus responsables queren destacar outra boa presa de características:

  • Compatibilidade co protocolo SPDY, o cal asegura unha maior velocidade de comunicación entre navegador e servidor.
  • Compatibilidade coa nova Fullscreen API.
  • Xestión do color de imaxes con ICC Profiles para obter cores máis vivos e precisos.
  • As extensións poden ser engadidas ós menús contextuais de Opera e, ademais, só poderán ser instaladas dende sitios de confianza.
  • Opera 12.10 lévase ben con Windows 8, o cal nos permite facer scroll, zoom, etc. en pantallas táctiles. Estas mesmas características funcionan en Windows 7.
  • Tamén é compatible con Mountain Lion. Isto significa unha maior integración con OS X e, ademais de nos permitir compartir páxinas utilizando o método nativo do sistema, intégrase co Centro de Notificacións.
  • Compatibilidade con pantallas Retina en Mac.
  • Compatibilidade con FlexBox, unha forma sinxela de deseñar páxinas.
  • Cando pasémo-lo punteiro por encima dun link fará un prefetch do DNS para cargar máis rápido a páxina se finalmente facemos clic nel.

DESCARGAR
Como sempre Opera é gratis e dispoñible para a súa descarga dende www.opera.com

Para traducilo o galego
1.descargar a traduccion: opera12_10_gl
2.descomprimilo e copiala carpeta gl en
c:\archivos de programa\opera\locale\
3.ir a ferramentas ,opcions, idioma preferente escoller
galego(gl)
pulsar en detalles
idioma da interface de usuario e ahi escoller
c:\archivos de programa\opera\locale\gl.lng
aceptar
e xa esta!

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

11 Comentarios

Deixa unha resposta