CMSPluginsWordpress

Nelio Content en Galego

Organiza as túas ideas. Escribe mellor contido. Se social. Tanto se es un blogger eventual como un editor profesional, Nelio Content fará máis fácil o teu día a día. E xa o tes dispoñible en galego en

https://gl.wordpress.org/plugins/nelio-content/


Motivos polos que escoller Nelio

Bota unha ollada aos 5 motivos principais polos cales deberías escoller Nelio Content:

#1. Calendario Editorial – Todo o que necesitas, dunha ollada

O calendario editorial é unha das ferramentas máis potentes de Nelio Content. Ofrece unha visión unificada de todo o teu contido, incluíndo entradas, mensaxes sociais e tarefas. Ademais, permite crear novo contido facilmente e replanificar entradas e mensaxes sociais cun simple arrastrar-e-soltar.

#2. Redes Sociais – O límite é a túa imaxinación

Cando por fin escribiches a última palabra dunha entrada, sabes que aínda queda traballo por facer. O éxito non depende unicamente de como de ben estea o teu contido, senón do tempo que dediques a promocionala. Con Nelio Content, poderás programar mensaxes sociais para chegar a un maior público a través das redes sociais.

Nelio Content inclúe unha caixa na páxina de edición de entradas chamada Social Media. Alí atoparás unha liña de tempo onde poderás ver todas as mensaxes que programases para promocionar o teu contido nas redes sociais. Podes programar estas mensaxes en función da data de publicación dunha entrada, de tal forma que ningún deles se comparta ata que non publiques a entrada.

Se queres promocionar o teu contido, xa non hai ningunha necesidade de acceder a cada unha das diferentes redes sociais para facelo. De feito, tampouco tes por que saír de WordPress para usar unha ferramenta externa. Nelio Content integra a creación de mensaxes sociais no teu propio WordPress, para que poidas programar a promoción dunha entrada no mesmo momento no que a estás creando. Non perdas máis tempo copiando e pegando títulos e ligazóns permanentes dun lado a outro… Nelio faino por ti!

#3. Asistente de contidos – Deixa que coidemos os detalles

Etiquetar correctamente as túas entradas, usar imaxes para ilustrar as túas ideas, enlazar entradas antigas para conseguir enganchar ao teu público ou enlazar a outros blogues para estender os puntos de vista doutros autores e achegar o teu grao de area son tarefas que deberías realizar para crear contido de calidade. Por desgraza, ter en conta todos estes detalles e interiorizarlos para facelo en todas as túas entradas non é sinxelo.

Nelio Content analiza a calidade das túas entradas a medida que as vas desenvolvendo. Co control de calidade de Nelio integrado na caixa de publicación, terás acceso a un resumo de todas as cousas que deberías corrixir antes de publicar unha entrada. Por suposto, Nelio só che suxire posibles puntos de mellora, pero ti tes a última palabra á hora de decidir que corrixes e que non

#4. Equipos – Nunca máis traballarás só

WordPress é un sistema de xestión de contidos multi-usuario. Con todo, é sorprendente a de plugins que ignoran isto e funcionan coma se no teu blogue WordPress só estiveses ti. En Nelio creamos un plugin que ten en conta o feito de que o teu equipo de autores e editores e ti traballades conxuntamente para crear contidos de calidade. É por iso que Nelio Content é capaz de traballar con todos os membros do teu equipo, ofrecéndolles as ferramentas que necesitan, cando as necesitan, adaptándose aos seus roles.

#5. Funcionalidades avanzadas – Hai moito máis do que crees

Nelio Content inclúe unha chea de funcionalidades pensadas para facerche a vida máis fácil. Referencias suxeridas, comentarios editoriais, tarefas… descárgate o plugin e descúbreas!

 

 Lémbrase que o equipo de tradución sempre está aberto á axuda e participación dos interesados en botar unha man e colaborar  na revisión e actualización das mesmas. Se estas interesado e moi sinxelo, tan so tes que entrar aqui: https://translate.wordpress.org/locale/gl e escoller o que queres traducir

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

Deixa unha resposta