Ofimatica

Office 2013

Microsoft presenta o novo Office como servizo na nube

Office evoluciona e adáptase ás actuais necesidades do usuario
O novo Office permite traballar dende calquera dispositivo e incorpora novas aplicacións e integración con redes sociais


Microsoft anuncia hoxe a dispoñibilidade de Office 365 Fogar Premium, unha nova versión de Office como servizo na nube destinada ó mercado de consumo, que pode ser utilizado en múltiples dispositivos, tanto con conexión a Internet como en modo offline, e que incorpora capacidades de comunicación e integración con redes sociais.

O novo Office, que se pode instalar en ata cinco dispositivos, xa sexan PCs, Macs ou taboíñas x86, permite ós usuarios domésticos acceder en calquera momento á súa información (tamén en mobilidade), utilizando múltiples dispositivos, así como de compartir esta información con outras persoas. A nova suite incorpora, ademais de Word, Excel, PowerPoint e OneNote, as aplicacións Access, Publisher e Outlook. Office 365 Fogar Premium, que se comercializa a través dunha suscripción anual, inclúe 27 GB de almacenamento na nube con SkyDrive e 60 minutos gratis ó mes de chamadas nacionais e internacionais con Skype.

“Isto non é só outra versión de Office; é Office reinventado como servizo na nube”, comenta María Garaña, Presidente de Microsoft Ibérica, que engade: “Office como servizo proporciona a liberdade de face-las cousas cando e como se desexe”.

Sempre actualizado

En novo Office estará constantemente actualizado a través de Internet; os suscriptores de Office 365 Fogar Premium recibirán automaticamente as actualizacións que se vaian realizando e as novas funcionalidades incorporadas ó produto.

“As necesidades das persoas cambian rapidamente e Office 365 Fogar Premium cambiará con elas” asegura Antonio Budia, director da División Office de Microsoft Ibérica: “Na actualidade, a evolución é cuestión de meses e non anos. De feito, pouco despois de que unha nova gran idea nace da cabeza dun enxeñeiro xa está nas mans dun usuario”.

Office 365 Fogar Premium presenta importantes novidades:
Funciona en tódolos dispositivos. Office 365 Fogar Premium funciona perfectamente en modo táctil, cos dedos ou lapis, ou co teclado e o rato, tanto en PCs e taboíñas con Windows, como en sistemas Macs e smartphones.
Inclúe novas aplicacións. O conxunto máis completo de aplicacións de Office: Word, Excel, PowerPoint, OneNote, Outlook, Publisher e Access.
Está na nube. Office 365 Fogar Premium está na nube, así que cando se inicia unha sesión, dende calquera dispositivo, os documentos e a propia configuración persoal están sempre dispoñibles. Ademais, o novo Office proporciona 20 GB adicionais de almacenamento na nube con SkyDrive.
Comunicación con Skype. A suscripción anual a Office 365 Home Premium inclúe 60 minutos gratis ó mes de chamadas nacionais e internacionais con Skype a calquera móbil, teléfono fixo ou PC no mundo.
Unha suscripción para ata cinco dispositivos. A suscripción anual permite a instalación de Office 365 Home Premium en ata cinco dispositivos (xa sexa en PCs con Windows, taboíñas Windows ou Macs)
Novas funcionalidades. Office 365 Fogar Premium inclúe novas características para manter ó usuario conectado e que sexa máis produtivo:

Posibilidade de agregar toda a información de cada contacto dende diferentes fontes, incluíndo redes sociais. Se o usuario conecta as redes sociais con Office poderá te-los seus fotos, información de contactos e actualizacións de estado integradas.
Modo Lectura. Optimiza os documentos para lectura nunha taboíña.
Última Localización. Esta innovadora funcionalidade permite ó usuario recupera-lo punto exacto onde deixou un documento no que estaba traballando.
Traballo con PDFs. O novo Office permite abrir arquivos PDF como documentos Word e copiar, modificar e reutilizar o contido en Office.
Vista de Presentador. Con esta nova funcionalidade, o usuario pode presentar máis tranquilo, vendo sempre na pantalla do seu dispositivo as súas notas, próximas diapositivas e tempo de presentación.
Recheo Flash. Esta nova característica incluída no Excel do novo Office elimina a entrada masiva e repetitiva de datos.
Prezos e dispoñibilidade

Office 365 Fogar Premium está dispoñible por 79,99 euros para unha suscripción dun ano se se adquire cun PC novo (99,99 euros se se adquire sen PC)
Office 365 Universitarios está dispoñible por 79,99 euros para unha suscripción de catro anos para ata dous dispositivos, que inclúe tódalas aplicacións, almacenamento SkyDrive, chamadas con Skype e futuras actualizacións incluídas con Office 365 Fogar Premium.
Office 365 Pequena Empresa Premium estará dispoñible o próximo 27 de febreiro.

 

Os paquetes de interface de idiomas aínda non están dispoñibles para Office 2013

 

fonte

http://www.microsoft.com/spain/prensa/noticia.aspx?infoid=/2013/01/n021-Lanzamiento-Office-2013

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

Deixa unha resposta