InternetNavegadoresOpera

Opera 12.13 xa dispoñible

Os desenroladores de Opera lanzaron a versión estable 12.13 do navegador web. Esta é a primeira compilación final da aplicación para este ano, e a súa instalación recoméndase por tódalas súas medidas de estabilidade e seguridade.

Algunhas das correccións máis destacadas da nova versión teñen que ver cun erro de comunicación interno en Facebook e coa eliminación dun fallo polo cal Opera non podía carga-las páxinas en caso de ser arrancadas sen conexión a internet; estes fallos foron de feito corrixidos na versión RC 2.

Tamén se corrixiu un problema polo cal as imaxes non se podían cargar tras navegar páxina atrás, cando un sitio web usaba a API de historial HTML5.

Opera 12.13 trae un novo comprobador de actualizacións que forma parte do mecanismo de actualizacións automáticas. En Windows, o desenrolador mellorou a protección contra o secuestro do motor de búsqueda predeterminado; ambos erros foron presentados na primeira instantánea deste versión.

podes descargalo en

http://www.opera.com/products/

Para traducilo o galego
1.descargar a traduccion: opera12_10_gl
2.descomprimilo e copiala carpeta gl en
c:\archivos de programa\opera\locale\
3.ir a ferramentas ,opcions, idioma preferente escoller
galego(gl)
pulsar en detalles
idioma da interface de usuario e ahi escoller
c:\archivos de programa\opera\locale\gl.lng
aceptar
e xa esta!

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

Deixa unha resposta