Sistemas OperativosWindows

Paquete de interface de galego de Windows Vista

O paquete de interface de galego de Windows Vista (LIP) fornece unha versión parcialmente traducida das áreas máis utilizadas do sistema. Após a instalación mostraranse no idioma do paquete os textos dos asistentes, as caixas de diálogo, os temas da Axuda e de asistencia así como outros elementos da interface de usuario. O texto non traducido móstrase na lingua base de Windows Vista. Por exemplo, se adquiriu a versión en español de Windows Vista e instala o paquete de galego, parte do texto permanecerá en español. É posible instalar máis dun paquete de idiomas para que, desta forma, as persoas que utilicen o computador visualicen a interface no idioma desexado.

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

1 comentario

  • Usuario de antigo do paquete de interface en galego do Windows Vista.

    Despois de me veren na obriga do o reinstalar de novo coa configuración de fábrica, nun portátil da casa, (cousas dos buratos de seguridade do Windows, dos antivirus e do demo que os deu parido a todos eles), AGORA atópome con é o español o idioma da interface do Vista, das caixas de diálogo dos menús, dos programas do hardware do Windows e practicamente de todo o demáis (mesmo o navegador por defecto, o Firefox, mália teren configurado o galego como idioma preferente, en “ferramentas”, “opcións”) na presentación da interface do Vista, por certo de 32 bits, actualizado con Service Pack 2.

    Descargo unha e máis outra vez o LIP de galego de microsoft, máis unha vez gardado o arquivo na equipa, non se dá instalado pois, seica, “o idioma galego xa está instalado” (?)

    Habería algunha posibilidade de orientación ao respeito pola vosa banda?

    Grazas anticipadas pola vosa consideración. Quedo á espera

    Un saúdo

    Xabier Louzao. A Coruña

Deixa unha resposta