Apps

Smart Weather – O tempo para xente intelixente

Trátase dunha aplicación do tempo diferente. Nela déixase que sexa o usuario quen cree o seu propio prognóstico do tempo, baseándose nas imaxes animadas tanto de datos pasados (radar de chuvia, imaxes de satélite, etc.) como nas imaxes de predición para os vindeiros días.

Ademais, permite compartir as imaxes cos teus contactos, seguidores e amigos a través de Twitter, Facebook, email…

A aplicación presenta un deseño completamente renovado, adaptado ao futuro iOS 7.

O conxunto de datos irá aumentando periodicamente. Actualmente ofrece:

– Imaxes de radar de chuvia: da AEMET e MeteoGalicia, para a Península Ibérica, Portugal, España e a maioría das súas rexións

– Imaxes de satélite: da AEMET, MeteoGalicia, a IPMA e a NOAA, para todo o mundo, Europa occidental e África norte, Península Ibérica, España, Estados Unidos, Mar Caribe e Golfo de Mexico

– Imaxes de detección de raios: da AEMET, para España

– Imaxes de predición atmosférica: de MeteoGalicia, para temperatura, chuvia, vento, nubosidade, humidade relativa e neve de Europa occidental e África norte, Península Ibérica, Galicia e Norte de Portugal, e as 4 provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

– Imaxes de predición oceanográfica: de MeteoGalicia, para temperatura da auga e altura das ondas do océano Atlántico

A aplicación está dispoñible de balde no App Store para iPhone, iPod Touch e iPad: https://itunes.apple.com/us/app/smart-weather/id662949357?l=es&ls=1&mt=8, e nuns días tamén estará dispoñible para Android.

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

Deixa unha resposta