Wordpress

WORDPRESS 3.0.1

Case sen previo aviso está dispoñible WORDPRESS 3.0.1 para descarga, no sitio oficial. Esta actualización soluciona unha cincuentena de pequenos fallos e pouco máis.

No que respecta a version en galego, temos traducido o 72%, nuns dias esperamos telo completo e dispoñible para a descarga.
Grazas.

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

11 Comentarios

  • Estaba buscando unha traducción ao galego do wordpress 3.0 e parece que a atopei.

    O que me gustaria saber e como vai eso e se podo votar unha man. Para calquera cousa mandademe un mail.
    Saudos.

  • Como din os cativos cando imos de excursión: ¿Falta moito para chegar?

    A traducción ía ser para un días dito en agosto e estamos achegánonos a novembro… ¿Falta moito?

  • ola a todos
    a paxina segue operativa
    pero por problemas personais retrasouse a traduccion
    estamos ó 70%
    a ver se nos proximos dias esta rematada
    sintoo

  • Boas tardes, tendes algunha nova sobre este tema. Estaría interesado nesta versión do arquivo de idioma galego para Wordpress 3.x.

    Un saúdo

  • Ola,
    eu, igual que Uroloki, estou interesado no progreso da tradución ao galego. A derradeira versión dispoñible é a 2.7. Fai falla axuda?

  • Semella que a tradución leva estancada no 70% unha boa tempada, e o peor de todo e que ó facerse a traducion de xeito “privado”, calquera que queira continuar coa tradución non pode porque non están as fontes dispoñibles e haberia que comezar dende cero. Por que non usades o Pootle de Locamotion para traducir colaborativamente a aplicación como fan o resto de equipos de tradución?

Deixa unha resposta