Despois de seis semanas e máis de 9,3 millóns de descargas da versión 3.8, xa está dispoñible a 3.8.1. Unha version de mantemento que solventa 31 erros localizados a incluíndo varias correccións e melloras para o novo deseño do taboleiro (dashboard) e a sección do administrador de temas.

Tamén se solventa un problema relacionado cas consultas, taxonomías e WP_Query, ademais doutros de diferente importancia. Aínda non tratandose dunha actualización de seguridade, recomendámosvos aplicala xa que é posible que co paso dos días, poidamos ver algunha vulnerabilidade explotable na 3.8.

Mais informacion e descarga en

http://gl.wordpress.org/