CMSWordpress

WordPress 4.5 en galego

Xa esta dispoñible esta nova version. WordPress 4.5 mellora o teu fluxo de traballo, xa esteas a escribir ou creando o teu sitio.

Melloras na edición

Enlazado integrado

Focalízate na túa escritura cun interface que distrae menos, mantenche centrado e permíteche enlazar co teu contido.
Atallos de formato

Gústanche usar os atallos de teclado para listas e encabezados? Agora son aínda máis útiles, hai para liñas horizontais e código.

Melloras na personalización

Vista previas adaptables en vivo

Comproba que o teu sitio vese ben en todas as pantallas! Vista previa de móbil, tablet e pantallas de escritorio directamente no personalizador.
Logos personalizados

Os temas xa soportan logos do teu negocio ou marca. Os temas Twenty Fifteen e Twenty Sixteen actualizáronse para soportar logos personalizados. Pódense atopar na sección Identidade do sitio do personalizador.

Nos bastidores

Recarga selectiva

O personalizador agora soporta un exhaustivo framework para representar partes da previsualización sen reescribir o teu código PHP en JavaScript. Mírao en acción cos Menús.

Cambio de tamaño de imaxes intelixente

As imaxes cárganse agora un 50% máis rapidamente sen perda de calidade apreciable. Está moi ben.

Actualizacions da biblioteca de JavaScript

Melloras no script de carga

Engadiuse un mellor soporte para as dependencias de cógidos de cabeceira/pé.

Mellores plantillas incrustadas

As plantillas incrustadas foron divididas en partes e poderán ser sobrescritas directamente polos temas vía a xerarquía de plantillas.

Podes descargala en http://gl.wordpress.org/

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

Deixa unha resposta