Categorías
Opera

Opera 9.61 final en galego

http://www.egalego.com/foros/2007/opera-961-final-en-galego-vt143.html

Categorías
Ofimatica

OpenOffice.org en galego

OpenOffice é unha solución ofimática completa que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, editor de páxinas web e un programa de presentacións. Os documentos almacénanse comprimidos en formato XML (formato aberto e estandarizado), o que asegura a compatibilidade do documento e ademais reduce o espazo de almacenamento; por suposto, é posible ler e escribir documentos en distintos formatos, incluídos os documentos realizados con Microsoft Office. Ademais do formato XML, hai que destacar que OpenOffice permite exportar a formato PDF e Flash.
O compoñente de procesado de textos, Writer, permite realizar documentos profesionais, informes, cartas, folletos, etc.
O módulo de folla de cálculo, Calc, posúe sofisticadas ferramentas para cálculos, análise e visualización de datos, táboas en 2D e 3D, etc.
O programa de presentacións, Impress, usa efectos, animacións e ferramentas de dibuxo para axudar a crear diapositivas multimedia que amosan o que  desexas tal e como o desexas.
O compoñente Draw permite crear dende sinxelos diagramas ata complexas ilustracions en 3D para usar en documentos e presentacións.
As ferramenta para bases de datos propocionan tódolos instrumentos necesarios para o traballo diario con bases de datos en formato de folla de cálculo, soportando ademais bases de datos dBASE para aplicacións sinxelas, ou calquera base de datos ODBC ou JDBC para traballos a nivel empresarial.
Debido ó elevado custo das solucións ofimáticas comerciais, usar OpenOffice pode constituír unha interesante fonte de aforro en software para as organizacións e individuos. OpenOffice estase convertendo cada día máis nunha opción usada nos ámbitos da administración pública, a educación e as empresas.

http://gl.openoffice.org/

Categorías
phpBB

Lanzado phpbb 3.0.2 preinstalado en galego

phpbb 3.0.2 preinstalado en galego
Descripcion: Paquete en Galego,Español e Ingles, con imaxes e idiomas incluidos.
http://www.egalego.com/phpbb/
http://www.egalego.com/foros/2007/phpbb-302-galego-df121.html

saudos

Categorías
O galego Xeral

O galego/Lingua materna

galicia
egalego, pretende ser unha ponte entre a cultura tradicional (de transmision oral) e a actualidade, onde as novas tecnoloxias supoñen un importante medio de acercamento entre culturas, divulgacion, mantemento e espallamento.
España caracterizase pola existencia de diferentes linguas, recoñecidas pola Constitucion Española de 1978. Dende enton o castelan, e o galego son linguas oficiais.

A lingua é algo vivo e que se crea continuamente, é a maneira en que os que a falan comunican o que fan e o que senten. E elo é tan absolutamente necesario como a liberdade de expresion. Por iso, é fundamental respectar tódalas linguas, porque forman parte dun patrimonio, un patrimonio que é de todos.

A UNESCO proclamou o día 21 de febreiro como Dia Internacional da Lingua Materna en 1999.

As linguas, ademais de se-lo medio que nos permite comunicarnos, interactuar e entendernos con diferentes persoas, son tamen o noso patrimonio cultural e mostra da diversidade existente no mundo en que vivimos. As linguas tamen definen a nosa cultura, a nosa historia, as nosas tradicions… E dicir, é unha parte fundamental da nosa identidade persoal.

En pleno século XXI a metade das 6000-7000 linguas existentes no mundo están en perigo. Unha lingua desaparece cada dúas semanas por termo medio, o cal supón que un pobo que perde a súa lingua, perde tamén a súa memoria. Ademais, a metade dos idiomas actuais teñen menos de 10.000 falantes, e a cuarta parte menos de 1.000.

Por elo é necesario levar a cabo propostas e iniciativas para conservar e fomenta-las linguas, especialmente aquelas ameazadas como poden se-las linguas minoritarias. Unha lingua mantén vivas as tradicións, ofrecenos os coñecementos do noso pasado e sobre o planeta, pero ademais vinculanos máis alá das fronteiras e o tempo.

¡O futuro esta aberto!, depende de ti. ¡Participa!

J.A. Artze: “Unha lingua non se perde porque os que non a saben falar non a aprenden, senon porque os que a saben non a usan”.

Fonte e máis información: Unicef – Comité Español »

Categorías
Xeral

Novo deseño en egalego.com

Ola
Hoxe lanzamos unha nova imaxe do noso web.

Queremos darlle un novo pulo e unha nova imaxe o proxecto. Asi como un novo formato blog da nosa portada para mellorar a lectura das novidades e actualizacions que publicamos.

Sen máis, agardamos que vos guste este novo deseño e que continuedes atentos a este web.

saudos.