TODA A LINGUA GALEGA NO TEU PETO
ConxuGalego
Conxuga automaticamente verbos en galego. Introduce calquera verbo na lingua galega e descubre co Conxugador Galego como conxugalo en tódalas súas formas. ConxuGalegofunciona con calquera verbo, mesmo os irregulares..
DicionarioGalego
Busca no Dicionario Galego calquera termo, e descubretódalas posibles acepcións da palabra. Se non atopa a palabra exacta pero si existe como posible raíz doutras, permite escoller entre as posibles coincidencias.
TradutorGalego
Co TradutorGalego podes traducir palabras e textos de ou ao galego. Traduce automaticamente do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa.
Se non che apetece escribir, coa función de ditado deTradutorGalego, deixa que traduza directamente o que che din.
fonte e descarga en
http://galapps.es/
Tourilandia – Ai si me opero – 12-01-2012
¿Lingua minoritaria?
BO NADAL E FELIZ ANINOVO
A Lingua sabe a Pan
A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.
Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo
Dicionario de pronuncia da lingua galega
Este dicionario ten a finalidade de ofrecer un modelo de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala.
propon un modelo de pronunciación estándar para 60.000 formas do léxico común en galego
Lanzado phpBB 3.0.9
O equipo do sitio oficial de PHPBB remata de anuncia-lo lanzamento de PHPBB 3.0.9 «Bertie’s off to the beach».
Nesta nova versión fíxanse varios BUGS e hai algunhas novas caracteristicas (bastante menores que os BUGS).
Como sempre, é recomendable actualiza-los foros o antes posible a esta última versión estable.
Aquí ténde-lo CHANGELOG desta nova versión.
En breve o paquete autoinstalable en galego dispoñible
WordPress 3.2.1
a poucos días de WORDPRESS 3.2 xa temos aquí a primeira revisión, WORDPRESS 3.2.1, na que se solucionan uns problemas de incompatibilidade con JSON que afectaron a algúns usuarios, así como outros arreglos no Escritorio e o tema Twenty Eleven.
Non é unha actualización de seguridade pero si e recomendable. Terala nas actualizacións do teu WordPress
WordPress 3.2 listo para descarga
As novidades desta versión son, aparte dun importante lavado de cara, suficientes como para que sexa moi recomendable, máis alá da habitual inquedanza por «te-lo último». Non obstante, como sempre, o mensaxe primordial é a prudencia, sobre todo á hora de instalar unha versión nova en sitios en activo. Antes, como sempre, fai copia de seguridade da base de datos e revisa que os plugins que uses sexan compatibles.
Podela ir descargando e probando en
http://gl.wordpress.org/
xa nos irás contando que tal.
WordPress 3.1.4 e WordPress 3.2 RC3
Xa tes listas para instalar e/ou descargar as versións WORDPRESS 3.1.4 estable e WORDPRESS 3.2 RC3. En concreto, aactualización a WORDPRESS 3.1.4 é absolutamente recomendable pois soluciona un fallo que pode conceder permisos extra sobre a túa web a usuarios con nivel de Editor.