A versión 4.3 de WordPress, denominada Billie en homenaxe á cantante de jazz Billie Holiday, está xa dispoñible para descarga ou actualización desde o escritorio de WordPress. As novas características da versión 4.3 axudaranche a comunicar e compartir, globalmente.

Podes descargala en http://gl.wordpress.org/

Menús no Personalizador

Crea o teu menú, actualízao e asígnao, todo mentres estás vendo o teu sitio en directo desde o personalizador. O mellorado deseño do personalizador ofrece unha interfaz adaptada a dispositivos móbiles e accesible. En cada nova versión é máis fácil e rápido conseguir que o teu sitio sexa como queres que sexa.

Atallos de formato

O teu fluxo de escritura agora máis rápido con novos atallos de formato en WordPress 4.3. Utiliza asteriscos para crear listas e almofadillas para facer unha cabeceira. Acabáronse os parons mentres escribes; o teu texto verase xenial cun * e un #.

Iconos do sitio

Os Iconos de sitio representan ao teu sitio nas pestanas do navegador, nos menús de favoritos e na pantalla de inicio dos dispositivos móbiles. Engade o teu icono de sitio propio desde o personalizador; non cambiará aínda que cambies de tema. Fai que o teu sitio reflicta a túa imaxe de marca.

Mellores contrasinais

Fai que o teu sitio sexa máis seguro. No canto de recibir contrasinais por correo electrónico recibirás un enlace para recuperala. Cando engadas novos usuarios ao teu sitio ou edites un perfil de usuario WordPress xerará automáticamente unha contrasinal segura.

….

Na páxina de Acerca de WordPress do teu escritorio de WordPress poderás atopar a todos os colaboradores. Grazas a eles estás gozando da versión 4.3 de WordPress en galego.