phpBB

Benvido a egalego.com

egalego.com é un dos sitios de fala galega, que brinda soporte de forma totalmente de balde, á instalacion, administracion, modificacion e demais, para os foros de discusion PHPBB Hai que recalcar que egalego.com non é un sitio oficial de soporte, se non un sitio de usuarios, onde o unico que se fai, é tentar ensinar no que poidamos e saibamos ós demais. En ningun caso se instalan foros ou MODS para ninguén, esa non é a nosa forma de "ensinar".

En egalego.com atoparas a guia de PHPBB en Galego, Soporte PHPBB, Guias, tutoriais, Descargas de MOD para PHPBB nesta web, e Descargas de traducions e MODs para PHPBB e outros sistemas de xestion de contidos.É ademais de FAQS de axuda, e un longo etc. que che sera de gran axuda para o teu foro, ademais o que non saibas, sempre o podes buscar, atopalo e/ou preguntalo nos foros.

Antes de participar no Foro, le as Normas por favor.

Grazas.

Quen somos

Dende as suas orixes un 21 de decembro de 2005, egalego.com é unha comunidade privada sen ánimo de lucro, un punto de encontro onde un grupo de xente con gañas de aprender e disfrutar cos ordenadores e internet tentamonos botar unha man os uns ós outros e xa que estamos, pasar un bo rato.