Opera

Navegador Opera 10.63 en galego

Boas noticias, Opera fans, pois remátase de lanza-la versión final do 10.63 en galego! Esta nova versión volve da-la coroa do “navegador máis rápido” a Opera, que ostentara brevemente coa saída de Opera 10.5 (arrebatada logo por Chrome cos seus continuos Dev builds).
Aparte dunha maior velocidade (50% máis veloz que Opera 10.5), temos algunhas interesantes características, que veremos a continuación.

Agora que Opera 10.5 se encargou de renova-lo aspecto do navegador (e engadir novas características) , a versión 10.6 puídose concentrar en optimiza-la velocidade de navegación. Opera 10.6 segue sendo un dos navegadores máis atractivos, sobre todo en Windows 7 / Vista, pero agora complementa o look cun mellor soporte para HTML5 e WEBM, o formato de video para a web que planea substituír ó Flash e ó .h264 (aínda que ata agora, ningún website popular implementouno).
Descargar Opera 10.63
Para traducilo o galego
1.descargar a traduccion
2.descomprimilo e copiala carpeta gl en
c:\archivos de programa\opera\locale\
3.ir a ferramentas ,opcions, idioma preferente escoller
galego(gl)
pulsar en detalles
idioma da interface de usuario e ahi escoller
c:\archivos de programa\opera\locale\gl.lng
aceptar
e xa esta!

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

2 Comentarios

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.