Ofimatica

OpenOffice.org en galego

OpenOffice é unha solución ofimática completa que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, editor de páxinas web e un programa de presentacións. Os documentos almacénanse comprimidos en formato XML (formato aberto e estandarizado), o que asegura a compatibilidade do documento e ademais reduce o espazo de almacenamento; por suposto, é posible ler e escribir documentos en distintos formatos, incluídos os documentos realizados con Microsoft Office. Ademais do formato XML, hai que destacar que OpenOffice permite exportar a formato PDF e Flash.
O compoñente de procesado de textos, Writer, permite realizar documentos profesionais, informes, cartas, folletos, etc.
O módulo de folla de cálculo, Calc, posúe sofisticadas ferramentas para cálculos, análise e visualización de datos, táboas en 2D e 3D, etc.
O programa de presentacións, Impress, usa efectos, animacións e ferramentas de dibuxo para axudar a crear diapositivas multimedia que amosan o que  desexas tal e como o desexas.
O compoñente Draw permite crear dende sinxelos diagramas ata complexas ilustracions en 3D para usar en documentos e presentacións.
As ferramenta para bases de datos propocionan tódolos instrumentos necesarios para o traballo diario con bases de datos en formato de folla de cálculo, soportando ademais bases de datos dBASE para aplicacións sinxelas, ou calquera base de datos ODBC ou JDBC para traballos a nivel empresarial.
Debido ó elevado custo das solucións ofimáticas comerciais, usar OpenOffice pode constituír unha interesante fonte de aforro en software para as organizacións e individuos. OpenOffice estase convertendo cada día máis nunha opción usada nos ámbitos da administración pública, a educación e as empresas.

http://gl.openoffice.org/

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.